4. Transcurso das Etapas

4. Transcurso das Etapas

Última actualización de en Ruben-Lopez

Imaxe 5: http://masters.abloque.com/wp-content/uploads/2012/12/cre.jpg

A primeira das tarefas ou “porto de montaña” que se nos encomendou foi facer memoria e recordar unha serie ou película que tivese como elemento protagonista á tecnoloxía, eu no meu caso escollín a película “Yo Robot” xa que a tecnoloxía e o elemento principal sobre a que se fundamenta dito filme.

Durante o percorrido das diferentes etapas puidemos tratar diversos aspectos que tiñan que ver ca tecnoloxía, tanto aspectos positivos como negativos.

Indiscutiblemente que as tecnoloxías teñen beneficios e poden axudar ás persoas no desenvolvemento de tarefas no seu día a día, incluso estas poden chegar a modificarnos a nós, isto reflexase no modo en que nos comunicamos na actualidade, posto que xa non necesitamos estar de maneira persoal para transmitir mensaxes ou acceder a fontes de información.

Normalmente a sociedade na que vivimos, a percepción que temos sobre a tecnoloxía e maioritariamente positiva, anque esta materia permitiunos ver que no mundo tecnolóxico en xeral, e nas redes en particular non son todo beneficios, por así dicilo non é todo ouro o que reluce.

Posto que esta tamén ten puntos negativos, por exemplo a dependencia excesiva que poden ter certas persoas sobre os medios tecnolóxicos ou por non estar conectados a rede pode ser alarmante, xa que incluso poden chegar a crear estados de gran ansiedade nos individuos ante a imposibilidade de estar en contacto con estes medios durante algún tempo, por non falar da violación da privacidade que se exerce na rede que estamos vendo continuamente a cal dediquei varias entradas(http://stellae.usc.es/red/blog/view/146641/violacion-da-privacidade-en-internet; http://stellae.usc.es/red/blog/view/150281/filtracion-de-datos-nas-contas-de-correo-electronico-gmail-hotmail-e-yahoo-mail).

Por outra banda, tamén tivemos a oportunidade de ver como a identidade e a reputación dixital inflúen de gran maneira na vida real das persoas, sobre a cal elaborei unha entrada (http://stellae.usc.es/red/blog/view/148156/identidade-e-reputacion-dixital), por iso debemos ser comedidos e regular tódalas accións que realizamos na rede, xa que todo o que nela facemos perdura no tempo, de aí tamén que sexa necesario unha formación sobre todo na etapa da adolescencia, xa que representa o rango de idade no que se comeza a ser máis activo nas redes para concienciar ás novas xeneracións dos riscos que os que poden estar expostos por tódalas accións que realizan na rede.

Outra temática que puidemos tratar foron as wikis, nesta etapa foi editar na Galipedia, que ven sendo a versión galega da Wikipedia, da cal tiña un profundo descoñecemento e considero que pode ser unha gran ferramenta para a expansión da nosa lingua, sobre todo nas novas xeneracións xa que son estas as que cada vez empregan menos a lingua galega. A parte diso, penso que pode ser unha gran fonte de información, anque é certo que sobre algunhas temáticas non conta con unha gran cantidade de datos polo que considero que é importante contribuír para tentar mellorar os aspectos nos que estea máis coxa.

A nosa edición na Galipedia tratou de ampliar a información sobre a Curación de Contidos, así que ante esta edición xunto co visto en clase serviunos para poder repasar conceptos tratados en anos atrás, está curación de contidos faise vital xa que ante a gran cantidade de información de diversa índole a que podemos ter acceso na rede podemos quedar intoxicados de tantos datos (Infoxicación) sobre a cal elaborei unha entrada(http://stellae.usc.es/red/blog/view/146729/infoxicacion, por iso necesitamos ferramentas para poder filtrar dun ou doutro xeito a información, xa sexa establecendo filtros, visitando páxinas de confianza como poden ser bases de datos especializadas etc. Para de tal xeito acceder a información veraz e fiable.

Tamén tivemos a posibilidade de descubrir novas aplicacións como son as RSS ou Symbaloo, a primeira delas está dedicada a que mediante unha páxina web ou un ordenador poder recibir información actualizada sobre as páxinas que son do nosos interese, a segunda serve para xestionar as páxinas as que solemos acceder regularmente.

Unha das "etapas" que máis interese me ocasionaron foi a da Narrativas Transmedia sobre a cal elaborei unha entrada (http://stellae.usc.es/red/blog/view/148692/narrativa-transmedia-e-educacion, xa que estas pode fomentar un aprendizaxe máis dinámico, posto que se desmarca do modelo de aprendizaxe pasivo ou tradicional e aposta por un modelo activo, onde os alumnos aprendan sendo suxeitos activos.

Ademai tamén tivemos a oportunidade de producir un vídeo , no noso caso trataría sobre o valor do papel do pedagogo na sociedade (http://stellae.usc.es/red/blog/view/149980/master-of-puppets-el-valor-del-pedagogo-en-la-sociedad, no meu caso en particular e a primeira experiencia na realización dun vídeo, previamente antes da realización do vídeo tivemos que realizar o StoryBoard (http://stellae.usc.es/red/file/view/150078/storyboard-vinetaodt) sobre o cal plasmamos como íamos a levalo a cabo. A verdade e que foi unha experiencia moi enriquecedora xa que ademais de poder traballar en equipo cos meus compañeiros, tamén me permitiu observar durante a súa elaboración a cantidade de matices e elementos que están presentes no mesmo, así como tamén decatarme en primeira persoa da  dificultade que entraña realizar un vídeo. Para a súa realización empregamos unhas marionetas, posto que consideramos que iso lle daría un toque máis infantil.

Nos últimos Kilómetros da etapa trataron todo o que ten que ver co Software Educativo e as teorías do aprendizaxe, no cal tivemos a oportunidade de descubrir dous programas de carácter educativo que se desenvolvían en base a diferentes teorías do aprendizaxe, como e o Jclik que se baseaba na teoría do aprendizaxe conductista e o Etoys que se fundamentaba na teoría constructivista, anque as clasificacións que se poden realizar son diversas dependendo do aspecto no que nos centremos, un dos máis empregados e segundo a súa estrutura podemos atopar diferentes tipoloxías de software como son os formativos directos, os simuladores ou os construtores ou talleres creativos; tamén se poden clasificar segundo o linguaxe que empreguen (multimedia, hipertexto, hipermedia), segundo a súa proposta formativa (práctica e exercitación, tutorial, simulación) etc. Eu pola miña banda elaborei unha entrada na que se establecian uns criterios para seleccionar e avaliar estes softwares (http://stellae.usc.es/red/blog/view/150032/criterios-de-seleccion-e-avaliacion-do-software-educativo.

Ademais tamén tivemos a oportunidade de ver que dependendo do programa que empregemos, poderemos estar baseándonos nunha ou noutra teoría do aprendizaxe, xa sexa nas teorías de aprendizaxe "clásicas" como son a constructivista, conductista e cognitivista; como outra que xurdiu e está vinculada aos medios dixitais, denominada Conectivismo que e teoría de aprendizaxe asociada a era dixital.

Outra das temáticas que tratamos xa case visualizando a liña de chegada son os REA, que son Recursos Educativos Abertos que son aplicacións multimedia que se poden empregar na educación sen ningún tipo de custo, posto que son de licencia aberta, teñen como características principais a accesibilidade, a reversibilidade, a interoperabilidade, a sostenibilidade e os metadatos.

Para finalizar a etapa realicei no blog unha entrada que está relacionada con unha  tarefa do comezo da mesma, onde se nos pediu que recordaramos unha película ou serie relacionada coa tecnoloxía, eu escollera a película “Yo Robot” como xa comentei anteriormente, fixen isto para por así dicilo “cerrar o circulo” dos blogs, aproveitándome dunha noticia que xurdiu sobre a preocupación que mostraban diversas institucións pola Intelixencia Artificial da cal tamén trata a película. Vinculando ca temática da materia existen países como Corea que fixeron simulacros de robots levando o transcurso dunha clase o que persoalmente considero unha aberración, xa que penso que os robots non poderían realizar nunca a función dun mestre posto que na educación non só se transmiten contidos, senón tamén existen interaccións, emocións; transmítense valores morais, cívicos e éticos  que un robot nunca podería transmitir. En definitiva, debemos formar persoas e non robots. Si que debemos apostar por un cambio de paradigma na educación, pero non substituíndo os docentes por robots.

En resumo, penso que a tecnoloxía pode ser un medio excepcional para mellorar os procesos de ensino – aprendizaxe, pero nunca debe ser a protagonista nin ser un elemento capital dese proceso, senón que debe ser un elemento mediador.