5. Última etapa ou continuación a outros eventos

Imaxe 6: http://s6.eestatic.com/2015/12/11/deportes/Campos-Eliseos-ultima-Tour-Francia_86001563_299497_1706x1280.jpg

Chegados a este punto, debemos decidir que camiño tomar ao terminar a materia de Tecnoloxía Educativa, se por unha banda damos por concluída a nosa traxectoria con este "tour" e nos desvincularnos da tecnoloxía educativa, ou este nos meteu o “gusanillo” de seguir e incorporarnos a outros eventos da mesma temática, como se dun punto e seguido se tratase.

Desde a miña opinión considero que debemos seguir interesados e informados sobre todos os acontecementos que xurdan e que teñan que ver ca tecnoloxía educativa, pois como xa dixen considero que as tecnoloxías e a educación pode ser unha mestura moi enriquecedora, xa sexa para mellorar para mellorar os procesos de ensino aprendizaxe favorecendo unha educación máis dinámica, e tamén pode axudar aos alumnos a adquirir aprendizaxes máis significativos.

Ademais diso, considero que esta formación debe continuar ou debémonos seguir preocupando por formarnos en materia de tecnoloxía educativa, posto que como vemos na actualidade os avances tecnolóxicos poden sobrepasarnos incluso a aqueles que somos considerados como “nativos dixitais”, como mostrei nunha das miñas entradas (http://stellae.usc.es/red/blog/view/146822/importancia-da-formacion-inicial-e-permanente-do-profesorado-no-ambito-das-tics) non basta só coa formación inicial senón que no mundo da tecnoloxía esta debe ser permanente posto que esta está en constante cambio xa que é unha disciplina moi dinámica.