6. Chegada a meta: Conclusión

6. Chegada a meta: Conclusión

Última actualización de en Ruben-Lopez

Imaxe 7: http://estaticos.efe.com/efecom/recursos2/imagen.aspx?lVW2oAh2vjOb1XZaTD7IjD4L0oPPeP7nQ4TncnkXVSTX-P-2bAoG0sxzXPZPAk5l-P-2fU5UDrJPi4kuXFP-P-2b3MK3zjkPkg-P-3d-P-3d

Nesta etapa final a modo de conclusión, considero que esta Materia como describín como un tour da tecnoloxía, onde puidemos ver diferentes elementos que compoñen o universo da tecnoloxía educativa, tanto os beneficios que estas teñen como os riscos que poden ocasionar, os softwares ou programas educativos, as narrativas Transmedia etc. E non só se reduciu a transmitirnos coñecementos senón que favoreceu a reflexión por parte de todos nós sobre todos os aspectos que tratamos.

Ademais hai que salientar, que estas etapas non se realizaron en soidade senón que tamén houbo outros “compañeiros” que conformabamos o “pelotón” do Tour da Tecnoloxía Educativa, os cales fomos percorrendo este traxecto de colectivamente, axudándonos uns aos outros, xa que tanto a rede social Stellae que serviu como plataforma para a conversa e intercambiar opinións e ter acceso a outros puntos de vista, como durante a realización de tarefas en grupo como puideron ser a búsqueda de tecnoloxía pola facultade ca realización dun collague (http://stellae.usc.es/red/file/view/146376/la-tecnologia-en-la-usc, a elaboración do storyboard para a posterior realización do vídeo, a presentación sobre reformas políticas que introduciriamos para favorecer a inmersión da tecnoloxía na educación, o análise dos proxectos tecnolóxicos en cada CCAA (http://stellae.usc.es/red/file/view/149882/politicas-de-introduccion-a-las-tecnologias-comunidad-valenciana) etc.  fixeron este proceso máis enriquecedor, onde se intercambiaron opinións e diferentes puntos de vista tanto sobre as temáticas tratadas en clase, como outras que puideran estar relacionadas dun xeito ou doutro.

Para rematar, considero que esta forma tan dinámica de abordar a materia pode sernos de utilidade para un futuro, posto que cando sexamos profesionais en moitas ocasións vamos ter que tomar decisións por nos mesmos sen seguir as pautas que alguén nos estableza, por iso penso que é positivo que cada vez máis na educación se favoreza o aprendizaxe autónomo por parte do alumnado, xa que lle posibilitará tomar decisións por si mesmo, e en ocasións poderá equivocarse pero dos erros tamén se realizan aprendizaxes. Esta liberdade a hora de abordar a materia tamén nos ofreceu a posibilidade ir estruturando o noso propio Entorno Persoal de Aprendizaxe.

A metáfora do ciclismo pode ser que se vexa como unha competición entre os compañeiros/as, pero eu non o vexo así, senón que no deporte como na educación si que se pretenden acadar uns resultados, pero o máis importante dende o meu punto de vista son os procesos, como diriamos o “importante é participar”,polo tanto neste "tour" non se tratou de competir, senón que se tratou de COOPERAR E TRABALLAR EN EQUIPO para poder aumentar o noso coñecemento sobre a tecnoloxía educativa de xeito colectivo, este traballo colaborativo é fundamental, posto que cando sexamos profesionais teremos que traballar conxuntamente con outros especialistas.

Para finalizar gustaríame recordar unha frase de Iván Raña que aparece nun documental sobre el o cal se titula “Libre” no que di o seguinte “Non debemos esperar a ter éxito e conseguir unicamente un resultado, xa que se só esperas polo resultado es feliz un día, pero realmente o máis importante é estar contendo co que fas día a día”, esta reflexión engádoa aquí porque considero que a forma de enfocar a materia por parte dos docentes é así, deixarnos liberdade no noso proceso e que realicemos as tarefas sobre a materia que creamos convenientes e que máis interese nos susciten, ademais disto a metáfora do “tour” tamén pódese resaltar a continuidade e constancia que temos que ter durante este período que cursamos tecnoloxía educativa, posto que non serve con facer un bo “sprint final” senón que temos que ter continuidade no noso proceso de aprendizaxe, como no ciclismo non se pode conseguir un bo resultado senón se é constante nas diferentes etapas.

Polo que a min respecta, estou satisfeito co traballo realizado ao longo deste traxecto, tanto nas actividades de aula como na contribución ao campus stellae, posto que me serviron para aumentar a miña competencia dixital en xeral, e a miña competencia en tecnoloxía educativa en particular. A cal me pode servir o día de mañá para introducir estas innovacións, procedentes dende o campo da tecnoloxía na miña tarefa docente.