3. Garabatos e trazos desordeados.

3. Garabatos e trazos desordeados.

Última actualización de en Rocio Dominguez

garabato.jpg

Foto recuperada de: http://www.bebesymas.com/desarrollo/dibujo-infantil-el-garabato-y-sus-fases

Superada a primeira semana sen grandes dificultades decidín seguir dándolle forma á miña obra. Pero lonxe de facelo de forma continua, relacionada e reflectindo todo aquilo que os mestres da tecnoloxía educativa nos impartían nas suas clases; os meus trazos eran illados, moi esporádicos e sen unión, coma quen fai un garabato.

Continuei pintando incluíndo elementos como foi o caso de: Sabemos o que é tecnoloxía? Achegamento ao concepto. Aquí reflectín o collage que o mestre práctico da Tecnoloxía Educativa nos encomendou. Comecei a achegarme ao concepto de Tecnoloxía e comprender que non tiña porque ser necesariamente un dispositivo dixital e novidos senón que, unha porta, un ascensor e incluso unha grampadora poderían considerarse tecnoloxía. Algo que non tivera en conta na primeira clase.

Deste modo empecei a pintar só sobre o que nos requería o mestre da parte práctica, deixando de lado aqueles coñecementos que impartía a mestra da parte máis "teórica", xa que consideraba que non era preciso.

Continuei cos meus garabatos. Neste caso deberiamos de escoller unha noticia para que os nosos compañeiros pintores tentasen averiguar se era verdadeira ou era falsa. A que escollemos unha compañeira e eu foi a seguinte: Dos monjas cultivan marihuana para salvar al mundo./Noticia periódico. ¿Falsa o real?. Encontrámola en certo modo divertida. Por certo pintores, era real!!!

En ocasións, decidía pintar sobre temas que non tiñan moita relación cos contidos abordados. Pintaba para falar de temas que me resultaban interesantes a min, sen deixar constancia sobre os autores ou fontes nos que me estaba baseando para a pintura do meu cadro, e no caso de incluir pintores ou fontes que empregaba para ampliar información non era moi selectiva; escollía calquera web ao azar. Dentro deste grupo podemos mencionar: Necesitamos todo o que cremos que necesitamos?, Por que temos a necesidade de demostrar que somos felices?, Consumes ou produces?. Aínda que esta última foi un pouco máis elaborada. Como se pode ver nestas entradas, algunhas están relacionadas cos contidos teóricos pero de forma moi sútil sen afondar en profundidade.

Deste xeito, continuei así, dando trazos e pinceladas sen conexión e sen incluir o que os mestres da Arte da Pedagoxía mencionaban nas sesións; ou incluindoo dun xeito moi reducido. Pensei que neso se baseaba a obra, en pintar cando un estivese libre e sobre ao que cada un lle apetecese. Nestes momentos o meu cadro era un tanto abstracto.