3.1 Coñezo novas ferramentas

3.1 Coñezo novas ferramentas

Última actualización de en Rocio Dominguez

pinceis.jpg

Foto recuperada de: http://publimetro.pe/actualidad/noticia-san-valentin-dedica-tu-enamorada-cuadro-pintado-boca-31551

A miña obra seguíase limitando a reflectir os procesos da parte práctica da Tecnoloxía Educativa. Nestes momentos mostráronnos novas ferramentas. Adentrámonos na curación de contidos e a filtración de información. Xa que na Arte da Pedagoxía, e na vida en xeral é moi importante recoñecer en que obras debemos basearnos, que fontes debemos escoller, que autores debemos de ler etc.

Sen esquencer que en función do marco ideolóxico dos que se dedican ao mundo da información, un mesmo feito poderá ser relatado dun modo ou outro. Relacionado coa temática da curación de contidos e co PLE presentáronnos un instrumento de gran utilidade o: Symbaloo.

Por aquel entón deixei constancia do Symbaloo na miña obra pero sen afondar moito máis nos conceptos relacionados, tan só definindo esta ferramenta brevemente.

Por outra parte permitíronnos tamén exercer como editores doutras obras, descubrindo así a Galipedia e o universo dos wikis. Isto permitíanos editar instantáneamente obras de temas concretos que nos propuxeron na clase. A actividade realizaríase en grupos de catro. O tema escollido polo meu grupo de pintoras foi as Redes Sociasi e eu en concreto centreime na historia das mesmas. Nun inicio pensei que me resultaría complicado xa que nunca elaborara nada similar, pero non tardei moito en percatarme de que unha vez explorado o enderezo da Galipedia era máis sinxelo do que parecía.

Deste xeito achegámonos ao coñecemento de ferramentas tecnolóxicas que descoñecíamos.