4. Redirixindo a miña obra

4. Redirixindo a miña obra

Última actualización de en Rocio Dominguez

                                        muller pintando2.jpg

Imaxe recuperada de: http://charhadas.com/ideas/10553-clases-de-pintura-para-nosotras-en-madrid-hazte-un-regalo-original

Chegou o momento no que deberíamos facer unha valoración propia da nos obra, enviala ao noso mestre da Tecnoloxía Educativa, para que finalmente él valorase o proceso dos nosos cadros. A dicir verdade a miña primeira auto-valoración foi demasiado positiva pensando que ralmente a miña obra non iba tan mal encamiñada. Equivoqueime.

A valoración que fixo do meu cadro foi bastante negativa, argumentando que debería darlle un forte empuxón ao meu traballo. En xeral estaba pouco traballado e non reflectín as clases teóricas e prácticas por igual, ademáis de non deixar constancia de en que artistas me estaba baseando para o meu traballo. Isto sinceramente fixo que me desanimara bastante, pero saquei algo positivo: xa non estaba perdida. Nese momento comecei a decatarme de por onde iban os tiros e en que liña debería de pintar. Por conseguinte, tiven que dar un xiro e comezar a plasmar na miña obra as temáticas que íbamos tratando nas diferentes sesións. Quizáis comecei tarde a realizar unha análise máis profunda dos contidos tratados, pero como di o refran: máis vale tarde que nunca.

Así que según nos impregnábamos da narrativa audiovisual, na miña obra iba deixando constancia disto como se pode observar na pincelada seguinte: Como a Narrativa Audiovisual Influíu na Industria Literaria, onde establecín as relacións existentes entre os libros e o cine e como poden afectarse mutuamente.

Na pincelada de A cultura do Audiovisual revindiquei a importancia de educar na temática audiovisual e na relevancia de incluir isto nos currículos oficiais así como a importancia da rama das artes no sistema educativo.

Como podedes observar trataba de seleccionar un aspecto concreto dos contidos vistos na clase e e relacionalo con algo que eu considerase interesante.

Tras isto pasamos a unha parte de tons e colores máis escuros, os perigros das redes e da Identidade Dixital. Eu, en concreto decidín centrarme no Sexting e nos estereotipos que nos intentan vender na súa prevención: Reflexionando sobre a Identidade Dixital e o Sexting.

Todas estas pinceladas iban acompañadas das referencias correspondentes para que se soupese de que fonte obtiven a información.