5. Conclusión

5. Conclusión

Última actualización de en María

Esta viaxe supuxo para min unha gran experiencia e unha gran axuda á hora de construír os meus coñecementos como futura pedagoga. Ao mesmo tempo, tamén destacar que tivo os seus aspectos negativos, como o estrés ou a frustración a metade de camiño despois de recibir a primeira avaliación.

Facendo un repaso de todo o percorrido ata aquí, debo destacar que non só me serviu para a construción da miña aprendizaxe e dos meus coñecementos como mencionei anteriormente, se non tamén para ser constante e organizarme na realización do meu traballo semanal na Rede Social Stellae. Esta foi a primeira vez que realicei un traballo deste tipo en interacción con todos os meus compañeiros e plasmando en cada entrada diferentes reflexións sobre os coñecementos adquiridos, así como a creación dun vídeo ou a participación na Galipedia.

Espero que esta sexa a fin dunha viaxe e o comezo de outra enriquecida polo aprendido na anterior.

FeaturedSuitcase.png