2.2 Pasos seguidos

Despois de investigar sobre o cubo de rubik, comézase a movelo co obxectivo de colocar todas as pezas na súa posición correcta e coa orientación adecuada. No meu caso, cales foron os  pasos que din na rede?

movementos.png

 

O hilo conductor seguido foi,  por un lado, clarificar, profundizar e actualizar conceptualmente contidos dados en clase mediante un glosario  (T, A-B) coas reflexións pertinentes e, por outro lado, buscar respostas as preguntas que me surxían día a día dende a posición dun orientador educativo. Debido a que outras compañeiras propuxeron un glosario colectivo decidín seguir facendo  as miñas aportacións na páxina que crearon: Glosario.

Un dos meus propósitos é ser orientadora escolar polo que me centrei en moitas entradas a investigar sobre posibles preguntas que nun futuro me poden consultar mestres ou familiares, como por exemplo: Por qué se introduce a tecnoloxía na escola?Que implicación teñen os medios dixitais na nosa vida cotiá? E nos nenos/as?Non existe o risco de que a virtualidade domine a realidade nun futuro non loxano? e tamén me interesei polas posturas a favor e en contra do uso das TIC  e por qué a tecnoloxía é cuestionada como método de ensinanza para os nenos/as en  idades temperás como se pode ver en A falsa creanza de que “canto antes e máis, mellor”. 

Por outro lado, considero que os obxectivos, os planteamentos pedagóxicos, os contidos e os métodos de ensinanza das escolas actuáis seguen ancladas no pasado. As novas tecnoloxías convertéronse no medio ambiente no que crecen as novas xeneracións e a escola, non obstante, parece non darse por enterada. Os rapaces abandonan as aulas sen a máis mínima preparación para o uso racional destas. Así pois os educadores temos un papel moi importante e debemos desenvolver unha mirada construtivista e crítica sobre o impacto do mundo dixital na educación. Así pois, a  tecnoloxía revolucionou, en certa forma, a educación, e debemos falar de conceptos como cultura participativa, intelixencia colectiva e alfabetización dixital. Como ben xustifiquei  na entrada Henry Jenkis e cultura participativa actualmente os rapaces están en contacto cun tipo de cultura que Jenkins denomina cultura participativa, formando parte dalgunha comunidade online. Como consecuencia estase producindo unha nova forma de abordar a aprendizaxe, coñecida como conectivismo, a cal nace como alternativa ás tres principais teorías da aprendizaxe: condutismo, cognitivismo e construtivismo. Así pois na entrada Profundizando sobre o conectivismo e MOOCs  indaguei sobre o ámbito da educación a distancia, máis específicamente sobre os diferentes Cursos On-line Masivos Abertos e as teorías de aprendizaxe nas que se basan.

Nesta era dixital as familias e os mestres teñen un novo rol, xa que a linguaxe dixital debe ter un espazo na educación. Tanto uns como outros, deben participar nesta cultura, experimentala e adquirir as competencias e habilidades necesarias para incorporala nas clases, diseñando proxectos e difundilos a través da rede. Débese prestar atención as novos alfabetos dos medios, entendido como un conxunto de competencias e habilidades sociais que a poboación xove necesita para o novo paisaxe mediático. Así mediante a entrada Pedagoxía da imaxe reivindiquei a importancia de crear unha educación crítica cara as imaxes dando as ferramentas necesarias dende a escola. Debemos aprender a preguntarnos, a cuestionar e reflexionar acerca do que estamos vendo, e a partir destes aspectos aprender a producir os nosos propios coñecementos.

Pero o mesmo pasa cos softwares e recursos educativos que se empregan como mediadores no proceso de ensino-aprendizaxe. Estes deben ser selecionados atendendo a diversidade do alumnado e tendo en conta que os recursos non son neutros xa que teñen unha linguaxe que se debe de descifrar, previamente, como ben explico en Unha mazá pode ser un recurso de ensinanza? 

Por outra banda, un dos meus obxectivos tamén foi compartir experiencias vividas que poideran enriquecer as miñas aprendizaxes. Desta forma durante a miña estadía de Practicum tomei contacto cos Libros interactivos Multimedia (LIM) e elaborei un pequeno proxecto con estes recursos: Proxecto: recursos didácticos na web  Pero dende a miña ignorancia, non investiguei nin reflexionei sobre o tipo de aprendizaxe e habilidades de pensamento que axudan a desenvolver e, como dos erros é como mellor se aprende tras repasar reflexionar sobre as teorías de aprendizaxe, rectifiquei na entrada Completando e modificando entradas posto que elaborei un proxecto baseado no modelo de aprendizaxe condutista, existindo outras actividades, baseadas nas teorías construtivistas máis interesantes. Outra historia a que lle dediquei unha entrada foi A miña experiencia con Antonio, alumno de atención educativa domiciliaria  na cal relatei a súa historia querendo transmitir a importancia das novas tecnoloxías na súa educación.

Continuando sobre a linguaxe tamén me interesei sobre a  linguaxe de programación Logo na entrada Programación na escola: aprender a programar na cal me sorprenderon os beneficios positivos que ten o comportamento computacional. Do mesmo modo tamén investiguei sobre O video na aula: utilización didáctica xa que por propia experiencia, moitos profesionais incorporan o vídeo de maneira improvisada, sen un plan previamente establecido. Así pois, como calquer outro recurso educativo  require dunha planeación na que se defina en qué momento se presentará, con qué función, qué propósito do programa cubre, cómo explicar a súa importancia aos alumnos/as, qué actividades se realizarán antes, durante e despois, cómo se distribuirá o tempo da clase. Isto é unha aprendizaxe que me vale para o futuro, tanto para asesorar como para poñelo en práctica.

Unha actividade relacionada foi a elaboración do Video: O valor do pedagogo, xunto con dúas compañeiras, nal cal primeiro tivemos que plasmar a nosa idea nun Storyboard. Foi a primeira vez que escoitaba falar deste programa tan interesante que me permitiu reflexionar sobre as características dunha escena: contexto, diálogo, tipo de plano, materiais necesarios etc

Anteriormente xa creara outros vídeos como se pode observar en As miñas pequenas produciónsA verdade é que disfruto montando videos e espero seguir creando máis.

A creación de contidos é unha das áreas que hai que traballar para adquirir e desenvolver a competencia dixital. Outra das áreas é a formación ao acceso e ao tratamento da información. Neste sentido o Entorno Persoal de aprendizaxe (PLE) xorde como unha solución para as persoas que utilizan a tecnoloxía para o desenvolvemento do seu aprendizaxe e para afrontar as novas formas de coñecemento que se están xerando no ámbito educativo. Hoxe en día coa múltiple información que hai ao noso arredor é necesario facer unha xestión eficaz da mesma.  Pero, persoalmente o que falla son os filtros para selecionar información. Así pois, investigando sobre Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE) cabe destacar a importancia de ser un bo curador de contidos, é decir, unha persoa que continuamente encontra, agrupa, organiza e comparte o mellor e máis relevante contido sobre un tema específico en línea. Co obxectivo de clarificar conceptualmente o método das 4´S  elaborei un Mapa de aprendizaxe: curación de contidos.

Outra das áreas que forman a competencia dixital é a comunicación e a seguridade. En canto a área de comunicación reflexionei en Cómo evolucionaron as miñas ferramentas de consulta e de búsqueda de información?  e si todo é comunicación? Todo é información? . Desta forma observei como as redes sociais revolucionaron  a forma de comunicarse e as súas vantaxas e inconvintes. Unha das desvantaxas  é a intimidación, acoso ou engaños que se poden sufrir, polo que é importante ter coidado coa seguridade. Así pois tamén me encarguei de profundizar sobre a identidade dixital e a súa protección en dúas entradas: Seguridade: coida a túa imaxe dixital Qué tipo de fotos selecionamos como foto de perfil? Que dí de nosoutros? Deste xeito incorporei este concepto ao meu vocabulario e descubrín un novo reto educativo referido a educar para a privacidade, para o manexo da imaxe e os datos personais, etc. Desta forma, xunto con Ariana López, pensamos nun proxecto para evitar os riscos na rede destinado a rapaces entre 12 a 16 anos. Como futuros profesionais temos unha labor moi importante en canto a dar información e formación para que calquera persoa poida xestionar a súa identidade dixital.

En resumo, ao longo das miñas entradas fun manexando as 5 áreas de competencia dixital pero debo seguir traballando nelas! Non todos os cubos de rubik son iguais así pois debo seguir empoderándome dixitalmente.

Foto extraída de: http://www.rubikaz.com/paso6.php