4.1. Parón na pintura do meu cadro.

4.1. Parón na pintura do meu cadro.

Última actualización de en Rocio Dominguez

  mulleragobiada.jpg

Foto recuperada de: http://www.somosmultiples.es/blog/2014/04/05/cosas-que-agobian-una-madre-de-mellizos-de-casi-tres-anos/

Tras, modificar o meu estilo na obra, centrándome no esencial e baseándome noutros artistas deixando constancia dos mesmos, vivín un certo período de estress. Isto foi debido en gran parte, a que o cadro da Tecnoloxía Educativa non era o único encargo que tiña. Existían tamén outros cadros que pintar, doutras materias, e que requerían rematalos cunha maior inmediatez.

Esta situación foi o que me levou a abandonar en certo sentido a Tecnoloxía Educativa. As tarefas que encomendaban os mestres eran realizadas pero non reflectidas na miña obra. Era consciente de que o estaba abandonando e de que se me iba acumulando o traballo.

De todos modos, unha vez rematei as obras que máis urxían no tocante ao tempo, retomei rapidamente o traballo, pero atopeime moi agobiada por todo o que debía de incluir.