1. Ingredientes: comezamos co caldo!

1. Ingredientes: comezamos co caldo!

Última actualización de en Nerea Lorenzo

Para levar a cabo esta receta, necesitarase os alimentos básicos para poder chegar a ter o noso caldo galego! Sen eles non poderiamos ter o caldo. Os ingredientes serían:

-Un pouco de optimismo.

-Gañas de aprender sobre as tecnoloxías.

-Pensar en que esta materia é importante para poder chegar a 4º.

-Ter gañas de coñecer novos programas sobre as novas tecnoloxías.

-Coller entusiasmo para que nun futuro sexas unha pedagoga moderna sobre estes temas.

-Facilitar a comunicación co resto da clase.

-Abrir a mente en temas que anteriormente non coñecías.

-Ser constante.

-Gañas de aprender para aquelas persoas que nunca se levou ben coas novas tecnoloxías e grazas a isto poderá entendelas mellor.

-Ter moita PACIENCIA (só para esa xente que lle custa levarse ben coas tecnoloxías).

 

Logo de ter todos estes alimentos necesarios para ter o noso caldiño, necesitamos, como non, unha pota vacía! Polo tanto, para poder encher esta pota, debemos ter uns coñecementos básicos á hora de poder cociñar, senón igual rematamos queimando todo. 

POTA VACIA.png 

 

A continuación, expoño o enlace que subíu Carla Garabal no seu blog, para explicar como foi a nosa primeira clase expositiva da materia. Nesta clase puidemos facer en grupo unha explicación cun conxunto de papeis con distintas palabras para crear así unha definición do que sería Tecnoloxía. Hai que ter en conta que daquela os meus compañeiros e eu non tiñamos idea do que era a Tecnoloxía en si, soamente o que veíamos como Tecnoloxía eran as cousas modernas que ían innovando co paso do tempo.

 http://stellae.usc.es/red/blog/view/151508/1a-clase-expositiva