2. Pota ao lume.

2. Pota ao lume.

Última actualización de en Nerea Lorenzo

Como no apartado anterior xa puxen os ingredientes necesarios, agora é importante ter moito ánimo para poder ter un caldo galego como Deus manda!

As miñas entradas teñen todas unha relación entre si, xa que vía "necesario" que tiveran unha certa conexión para logo poder falar delas de forma común. Así a todo, porei só as que me pareceron máis intersantes e que teñan relación coa materia que se foi dando nas clases tanto expositivas como interactivas. 

Unhas das primeiras entradas foi a da "nanotecnoloxía", unha charla moi interesante que tiven antes de comezar o segundo cuadrimestre. Fixo que me dera conta do que dependemos da tecnoloxía e dos moitos avances que houbo, pero o profesor que daba a charla dixo que quedaba aínda infinidade de cousas por descubrir e por inventar. Polo tanto, deunos a entender que necesitaban axuda económica da Universidade para poder levar a cabo certas investigacións coa utilización da nanotecnoloxía.

Enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/146256/nanotecnoloxia 

Comezamos a encontrarlle o gustiño a isto de cociñar... continuamos?

olla hirviendo.jpg