5. Poñendo ao día a miña obra

5. Poñendo ao día a miña obra

Última actualización de en Rocio Dominguez

dibujopintora.jpg

Recuperado de: http://produccionescr3ativasimagine.org/vitae_itzia.htm

Tocaba retomar o traballo do meu cadro. Así que decidín en primeiro lugar reflectir nel as últimas actividades encomendadas e contidos tratados para poñerme ao día.

Por unha banda, en canto aos contidos teóricos que plasmei no cadro poderíamos ver: Proxecto Abalar e Políticas de Integración das tecnoloxías na educación. Onde comentei as políticas de integración da tecnoloxía no sistema educativo en España, pero centrándome nos aspectos básicos do Proxecto Abalar; política de integración levada a cabo na comunidade autónoma galega.

En segundo lugar, decidín realizar unha análise do cambio que experimentou a miña obra antes e despois de ser avaliada, xa que considero que o cambio foi significativo: O antes e o despois do meu portafolios.

Por outra banda incluín aquelas actividades prácticas que me foran encomendadas, e que como xa dixen realicei pero non deixei constancia das mesmas. Subín o Power Point realizado en grupo sobre as Políticas de Integración da Tecnoloxía na educación. O territorio escollido por nós foi o País Vasco: Eskola 2.0. Elaborei tamén unha dinámica de aula para a concienciación dun uso seguro na rede, que propuxera de forma optativa a profesora Ana Groba. 

Tras isto decidín integrar os contidos relacionados cos Recursos Educativos, afondando especialmente nos REA, xa que as licenzas de propiedade intelectual que os regulaban, chamaron a miña atención: Recursos educativos e licenzas abertas nos REA.

Non podemos esquencer aqueles aspectos prácticos relacionados coa actividade do vídeo, tanto o Storyboard como a reflexión do vídeo Ética e Valores da Competencia Dixital. Penso que esta actividade tomou gran relevancia nesta materia debido principalmente a que nunca fixeramos un vídeo onde a finalidade era a metodoloxía de elaboración do vídeo en sí.

Por último reflectín tamén na miña obra as Teorías do aprendizaxe, onde elaborei a modo de síntese as principais caracteríasticas do conductismo, cognitivismo, constructismo e conectivismo. Relacionando o constructismo ca plataforma e-toys utilizada na aula.

A finalidade desta fase, era que todos os aspectos máis recentes tratados na materia quedasen plasmados para proceder despois coa reconstrucción do meu cadro, incluindo aqueles aspectos máis antiguos que non foran tratados.