5.1. Reconstrucción da obra

5.1. Reconstrucción da obra

Última actualización de en Rocio Dominguez

reconstrucción.jpg

Foto recuperada de: http://www.hogarmania.com/bricolaje/tareas/carpinteria/200809/bastidor-para-lienzo-4387.html

Tocaba facer unha reconstrucción do meu cadro incluindo aqueles aspectos que deixara olvidados nuns inicios pero que quería plasmar.

Poderíamos identificar dentro destas pinceladas a Propiedade Intelectual e Infoxicación, onde elaborei unha síntese das licenzas de Propiedade Intelectual vistas na aula, así como a definición do termo Infoxicación.

Por outra banda teriamos A Curación de Contidos e o PLE, que a pesar de ter falado do meu Symbaloo, non afondara máis sobre o tema do Entorno Persoal de Aprendizaxe ou da curación de contidos para mellorar a nosa procura de información.

En canto á Brecha Dixital, realicei unha reflexión sobre a mesma, baseándome noutros artistas que realizaran obras sobre este tema, explicando as diferentes brechas que poden existir.

Pero ademáis, tamén compartín algunha noticia que atopei interesante ou algún vídeo. Como podería ser O vídeo de Levanta la vista y apaga la pantalla ou a noticia sobre Xapón e os estudos tecnolóxicos.