6. Últimos retoques e finalización do cadro.

mullercadro.jpg

Imaxe recuperada de:http://www.mundotkm.com/hot-news/440464/5-famosos-que-hacen-arte-muy-bizarro  (modificada en branco e negro por min)

Chegados a este punto xa só faltaban algúns retoques e incluir algun aspecto máis. Decidín pois revisar as miñas entradas, modificar algún aspecto e incluir aqueles artistas que me serviron de referencia nalgunha entrada e dos cales non deixei constancia.

En primeiro lugar, falei sobre a ultíma definición da Tecnoloxía. A diferenza dos inicios, agora coñecía moito máis sobre esta rama da arte da Pedagoxía. Xa non me sentía tan bloqueada nin en branco como me sucedeu ao principio e fun consciente da gran evolución que sufrín.

Chegaramos a maio sen apenas decatarnos, o tempo pasou demasiado rápido para min;así que tocaba finalizar o meu encargo. Para poñer un broche final decidín dicir Ata logo!, xa que considero que nunca me despedirei de todo da Tecnoloxía educativa. Penso que na Arte da Pedagoxía e quizais nun futuro profesional, nalgún momento terei que botar man dos coñecementos aquí adquiridos e integrados na obra.

O meu cadro quizais non é o mellor de todos nin o máis bonito, penso que todos á nosa maneira elbaoramos un cadro en función dun criterio propio, porque non podemos esquencer que cada pintor ten o seu estilo. E cada un de nós co seu estilo contribui a facer de Stellae unha exposición de todas as nosas obras.  Espero que o esforzo que deixei nesta obra sexa valorado e sexa tido en conta o gran cambio e progreso que tiven nesta materia.

Sen nada máis que dicir, ata logo! Desfrutade da miña obra.