1- O reloxo de sol

1- O reloxo de sol

Última actualización de en Raquel Rodriguez

O reloxo de sol data de 1500 a.C. aproximadamente, o reloxo mais antigo atopouse en Exipto, polo que podemos comprobar que é o sistema mais antigo de medida do tempo. Nesta época histórica, o sol marcaba principalmente a xornada de traballo, xa que antigamente se traballaba “de sol a sol”. Tanto é así que o tempo para a sociedade transcorría de xeito tremendamente lento. Nun primeiro momento, ao igual que o rudimentario reloxo de sol, o meu coñecemento sobre tecnoloxía educativa era realmente escaso e pobre, polo que me pareceu unha boa metáfora para exemplificar a miña evolución no proceso de aprendizaxe.

 

reloxo exipcio.jpg

E en xeral, a idea que tiña nun primeiro momento sobre a tecnoloxía, tamén o era;  ata a primeira clase da materia de Tecnoloxía Educativa, relacionaba a palabra tecnoloxía coas novas tecnoloxías. E sinceramente, ata o momento non me decatara que unha roda, unha cadeira e un encerado, tamén son tecnoloxía. Como pode comprobarse, a tecnoloxía e a tecnoloxía educativa non era un campo de coñecemento que me interesase.

Unha vez recoñecido isto, tamén direi que esa idea corrixiuse da miña cabeza inmediatamente. Para solucionar isto e introducir a materia, e por si había na aula mais persoas coma min,  as mestras organizaron unha pequena actividade comparativa (Qué é?, Qué fan? e Cómo afectan?) entre a tecnoloxía, as TICs e a tecnoloxía educativa, co obxectivo de esclarecer eses conceptos. A citada actividade foime realmente útil, xa que considero que con ela comecei o meu aprendizaxe sobre a tecnoloxía educativa en particular, e a tecnoloxía en xeral.

Ademais das actividades feitas na clase expositiva, na primeira clase interactiva tamén fixemos dúas actividades para introducirnos na materia: Mi serie e La tecnología y yo. Foi precisamente á hora de facer estas actividades, cando me decatei que a temática da materia non me interesaba o suficiente, e que efectivamente os meus coñecementos sobre tecnoloxía e tecnoloxía educativa eran pésimos. Deste xeito, na miña primeira entrada (anteriormente citada) confeso que “a pesar de que uso aparatos electrónicos a menudo, no sé hacer muchas cosas con ellos”.

Co paso dos días seguía igualmente de perdida na materia, xa que nin me gustaba a temática, nin poñía o interese suficiente para afondar na información ou nos contidos dados. Así mesmo, a miña primeira entrada ao blog, por motivo do día internacional da muller, tivo como contido principal, mencionar diferentes descubrimentos feitos por mulleres que tiveran certa relación coa tecnoloxía (entrada: Día Internacional da Muller). Independentemente de que a idea fose mais ou menos acertada, podo dicir que foi unha entrada que me resultou agradable escribir, mais realmente foi por casualidade, xa que seguía sen encontrarlle o sentido á materia. De feito, atopábame nesta mesma fase cando as mestras nos mandaban reflexionar sobre a evolución da tecnoloxía porque nunca antes reflexionara en profundidade sobre iso, nin sabía expresar o que pensaba.


http://www.wikiwand.com/es/Historia_de_la_gnom%C3%B3nica