3- O reloxo dixital

3- O reloxo dixital

Última actualización de en Raquel Rodriguez

En 1956 chega o reloxo dixital, que nos fai entender o tempo de xeito lineal, meténdonos de cheo na incertidume do mundo e na angustia de vivir, a necesidade de atoparlle o sentido as nosas vidas. Actualmente, este é o reloxo que nos simboliza, un novo aparello que apunta o instante concreto (11:32), marcando o momento puntual nas nosas vidas, obrigándonos a vivir cada instante. Nesta etapa, o tempo entendese dun xeito mais rápido, afectando ao noso comportamento como individuos dunha sociedade, por exemplo, coa mensaxería instantánea. Xa que estou falando da sociedade actual, e está a piques de rematar a materia de Tecnoloxía Educativa, considero que esta debe ser a última etapa no meu proceso de aprendizaxe en canto á materia, pero non en canto á tecnoloxía educativa.

reloxo dixital.jpg

Sitúo nesta etapa, todas as entradas a partir de: Produtora coa Galipedia xa que, a pesar de ser unha actividade obrigatoria, considero que foi un punto de inflexión na miña andadura coa materia. Esta actividade consistía en modificar a Galipedia nunha temática concreta, no meu caso, en competencias básicas.  Uso con relativa frecuencia a Wikipedia, polo que colaborar na creación de coñecemento, modificando a Galipedia, foi unha experiencia que me resultou moi gratificante. Todo comezou cunha actividade na aula, na cal deberíamos debater ser eramos consumidores ou produtores de información e coñecementos.

Tamén se atopan aquí as entradas: Evolucionamos, Políticas TIC en España, Conectivismo?, Afondando no e-learning e Creative Commons. Nesta etapa os contidos principais das miñas entradas foron as TICs en educación e os estilos ou teorías de aprendizaxe. Cabe dicir que non planificara inicialmente afondar nestas temáticas ou contidos, senón que foi un proceso casual. Ademais, as diversas actividades obrigatorios feitas nas clases, tamén me axudaron a decantarme polos contidos que me interesaban.

Coa aparición dos novos e modernos dispositivos móbiles, moitas persoas coma min, non levamos reloxo, senón que miramos a hora directamente no móbil. Así mesmo, unha vez remataron as sesións de clase, continuou a miña actividade na rede. Considero que nesta última etapa da materia, aumentei a miña participación na rede social, tanto comentando nas entradas dos compañeiros como no aumento das entradas ao blog. Por este motivo, sospeito que a miña evolución durante o proceso de aprendizaxe foi boa, tendo en conta os coñecementos rudimentarios que tiña nun primeiro momento e dos que partín. Polo tanto, sinto que estou orgullosa do meu proceso de aprendizaxe ao longo do curso, a pesar de que puiden interectuar mais cos meus compañeiros e involucrarme mais coa rede social. Ao mesmo tempo, confeso que seguramente non me encontre no nivel de moitos dos meus compañeiros/as, mais estou contenta co meu proceso, que sen dúbida, ao igual que os reloxos, se seguirá perfeccionando.


http://es.aliexpress.com/item/New-arrival-ultra-thin-car-clock-car-electronic-clock-luminous-car-voltage-meter/1818148507.html