2- O reloxo mecánico

2- O reloxo mecánico

Última actualización de en Raquel Rodriguez

Ata varios centos de anos despois non aparece o reloxo mecánico, con agullas, concretamente ata o século XIII, mais eran realmente grandes. Os lugares onde se atopaban estes aparellos era en lugares altos, onde se podían tocar as campás e distribuír as sinais horarias á poboación. Posteriormente, a raíz do século XVII, os reloxos mecánicos fóronse perfeccionando e facendo mais regulares e fiables, reducindo o seu tamaño para poder consultar o tempo en calquera instante, xa que eran reloxos portables. O reloxo de agullas marca o tempo de forma circular e en parte, repetitivo. Así mesmo, entender o tempo de xeito circular ou lineal conleva importantes consecuencias psicolóxicas, debido a que un tempo circular permite relativizar os sucesos, e de algunha maneira ofrece seguridade e libéranos de incertidumes.

reloxo mecánico.jpg

Ao igual que a forma de entender o tempo pola sociedade, e ao igual que a tecnoloxía, o meu coñecemento sobre tecnoloxía educativa  tamén foi medrando e evolucionando. Isto, foi posible grazas a un debate feito na aula que realmente me interesou, no cal debatemos se pertenciamos á sociedade do coñecemento ou á sociedade da información. Este debate resultoume interesante e considero que foi un punto de inflexión no meu interese polos contidos da materia, por este motivo, decidín facer unha entrada aportando a miña opinión (coñecemento vs. Información). Ademais, nesta entrada ao blog, foi onde recibín o meu primeiro comentario dunha compañeira, polo que tamén me motivou para seguir afondando nos contidos que me interesasen.

Nesta mesma etapa do meu proceso de aprendizaxe sitúanse tamén as seguintes entradas: Cómo inflúe a tecnoloxía nos nosos días, Apps na ensinanza e Wiki, nas cales afondaba en aspectos puntuais da materia que me resultaban de interese. Deste xeito, se durante as clases expositivas había algún termo ou concepto que me interesase, intentaba profundizar nel. Por exemplo, resultábame realmente interesante comentar diversas aplicacións que nos poderían servir e facilitar o traballo na nosa profesión, xa que considero que é fundamental saber andar ao mesmo ritmo que a tecnoloxía, sobre todo no ámbito educativo. Ademais disto, unha actividade que me gustou especialmente foi a titulada ¿Verdadera o falsa?, feita na clase interactiva, que me obrigou a reflexionar como nos inflúe a información que recibimos e se nos interesamos en contrastala. Este mesmo aspecto useino posteriormente, xunto con dúas compañeiras, noutra actividade sobre a competencia dixital.

Para concluír esta bloque, considero que aquí foi cando comecei a situarme na materia, xa que subía entradas ao blog sobre aspectos que me gustaban e que me parecían interesantes, progresando paulatinamente dende o primeiro reloxo mecánico, ata o reloxo de pulsera. Ademais, é ao final desta etapa onde se sitúa a primeira avaliación coa Rúbrica, que me serviu para mellorar no meu proceso de aprendizaxe e a corrixir erros, así como intensificar a miña actividade na rede social. Algo realmente útil que aprendín nesta etapa, foi a usar Internet, esa gran fonte de información, dun xeito mellor (cos operadores booleanos, google académico, Symbaloo, etc), elementos que me axudaron na búsqueda de información aplicable a todas as materias e situacións). Como acabo de dicir, ademais de todos os contidos, encontrei unha especial utilidade nos anteriormente mencionados.


https://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_la_relojer%C3%ADa