1. INTRODUCIÓN

1. INTRODUCIÓN

Última actualización de en ...

No seguinte e-portafolios, atoparemos unha reconstrución sobre o meu proceso de aprendizaxe en relación á materia de Tecnoloxía Educativa. A metáfora empregada fai referencia ás diferentes fases que unha persoa transita ata conseguir camiñar sen axuda.

Nunha primeira parte atoparemos unha contextualización do porque da elección da temática empregada no e-portafolios.

Na segunda parte nos mergullaremos nas diferentes etapas transcorridas dende o comezo da materia ata a súa finalización, sempre comparándoo coa metáfora elixida.

Posteriormente amósase unhas conclusións, tanto da elaboración do e-portafolios como do proceso seguido na materia.

Finalmente ofrécese unha valoración persoal da disciplina, da metodoloxía empregada así coma un posible aportación para o futuro.