2. CONTEXTUALIZACIÓN

2. CONTEXTUALIZACIÓN

Última actualización de en ...

Rede social, aprendizaxe autónomo, Stellae, comentar, compartir....son moitos e variados os termos que na nosa cabeza se sucedían con frecuencia. Moi poucos sabiamos co que nos íamos enfrontar a pesar das concepcións previas que tiñamos sobre a materia. Logo de levar xa tres anos de grao, dous anos de bacharelato e dez de educación obrigatoria, a metodoloxía empregada na materia de Tecnoloxía Educativa foi sen lugar a dúbidas das máis innovadoras que puidemos experimentar ata o momento. O poder de ter nas túas mans a oportunidade de ser o condutor da túa aprendizaxe é excesivamente motivador, á par de conlevar unha gran responsabilidade.

Chegados ao punto final da materia, a súa metodoloxía fai imprescindible a necesidade de realizar unha reflexión que englobe todos os temas abordados ata o momento, un filamento que plasme o itinerario das publicacións máis relevantes ou que tiveron maior transcendencia na miña traxectoria persoal.

Para ilo, considero que unha das metáforas que máis se pode adaptar para explicar a miña traxectoria é a de comparar o meu propio proceso coas diferentes etapas ou fases que experimenta un neno/a cando aprende a camiñar. A intención é dar a coñecer as fases e situacións polas que tiven que transitar ata conseguir poder camiñar soa, poder erguerme sen axuda, manexarme coas TICS con total independencia.

Así como cando somos bebés, os nosos primeiros pasos non se producen porque nos paremos a pensar “agora vou a empregar as pernas, a ver que podo facer con este movemento” se non que empregamos a motricidade ou psicomotricidade grosa para a consecución de outros fins (por exemplo alcanzar un obxecto, desprazarte para chegar a algún lugar en concreto...) na miña experiencia coas tecnoloxías pasou algo similar: non comecei a utilizar estas ferramentas simplemente para darlle un uso mecánico ou saber para que serven as diferentes partes dos dispositivos, comecei esta andaina co obxectivo de que tales ferramentas fosen o medio para a consecución de outros fins como saber discriminar a información procedente das diversas fontes de información, como seleccionala e organizala, a súa filtración... e o máis importante, decatarse ata que punto, por propia autonomía, un pode chegar a coñecer tal diversidade de nocións.

Cando se aprende a camiñar, o proceso non se realiza dun xeito drástico. É un proceso gradual no que, primeiro, a persoa camiña a gatas, logo comeza a bipedestación, coa axuda de outros suxeitos ou obxectos, para finalmente conseguir camiñar sen axuda.