b) primeiros gateos

b) primeiros gateos

Última actualización de en ...

Transcorrido a primeira toma de contacto coa materia, comeza outra nova etapa a cal dou lugar a unha modificación considerable no meu proceder.

Nestes momentos comecei a vincular as aprendizaxes, os temas que abordábamos nas clases de tecnoloxía coas entradas que realizaba en Stellae. Cambiou a miña perspectiva con respecto ás tecnoloxías. Xa non pensaba nestas como algo puramente material se non como ferramentas que nos posibilitan acceder a un mundo de coñecemento e información. Comecei a decatarme das posibilidades positivas infinitas que estes aparellos nos poden ofrecer iso si, sempre dende unha visión crítica dos mesmos como apreciamos na entrada de “Ter coñecemento- Ter información”.

Así mesmo, tamén fun consciente das limitacións do uso e acceso ás tecnoloxías. Tal como se pode visualizar nas miñas entradas “A comunicación” ou “¿noticias reales o ficticias?” a implantación das TICS vai traer consigo a coñecida “Brecha dixital”. A gran disparidade da posibilidade de poder acceder ás novas tecnoloxías dependendo de que país procedas, da súa riqueza, da comunidade á que pertenzas, o custo nos equipamentos, tarifas entre outros. Coa entradas das noticias reais e ficticias tamén fun consciente da necesidade da alfabetización dixital. Diariamente estamos expostos a un millar de noticias e titulares os cales afirmamos que son reais sen contrastar a información. Nesta etapa recapacitei sobre a importancia que ten a información e a súa maneira de transmisión na sociedade dixital actual.

0a2d6460552f92db8e4585c75d6c91b1.jpg

Se facemos un símil coa metáfora que decidín empregar, os primeiros pasos gateando faría referencia ao cambio de mentalidade que sufrín neste período, a miña metamorfose positiva cara o emprego das TICS, unha pequena evolución. Pero camiñar todo o tempo a “catro patas” ten as súa limitacións, tal como teñen as tecnoloxías e o seu uso. Andar a gatas todo o tempo impídeche poder alcanzar obxectos máis altos, redúcese o teu campo de visión e non podes relacionarte con todo tipo de persoas xa que a moitas, desgraciadamente, non vas ter acceso.

Hay una cosa que olvidamos a menudo y es que estamos aprendiendo permanentemente. Sergi Torres