c) bipedestación, con axuda

c) bipedestación, con axuda

Última actualización de en ...

andardescalzo-p.jpg

Nesta terceira etapa xa comezo a ser máis autónoma, as miñas publicacións van estar ligadas aos temas traballados nas clases da materia pero sempre con certa vinculación co aspecto educativo. A realización do “Meu symbaloo” tamén posibilitou afianzar a miña aprendizaxe autónoma. Esta ferramenta é realmente práctica para todos os días, servindo de soporte para as diversas buscas.

Nesta etapa a pesar de camiñar xa erguida, segura de min mesma, sen lugar a dúbidas unha gran axuda foron os meus compañeiros e compañeiras, os comentarios que deixaron nas miñas publicacións e os comentarios que realicei eu nas súas entradas. Isto permitiume corroborar se os temas que abordaba realmente preocupan á poboación, se son de interese ou simplemente puidesen ser ideas utópicas da miña persoa. Son varias as publicacións que confirman esta afirmación como “Narrativa transmedia” ou “Facebook, rede de redes”.

Isto tamén me fixo recapacitar sobre o concepto de identidade dixital, sobre que papel desempeño eu na sociedade dixitalizada. Xa con anterioridade reflexionara sobre o posto que exerzo como usuaria en internet constatando que son principalmente consumidora. Esta nova etapa xa non só se me permitiu decidir que papel desempeño se non algo máis transcendental, recapacitar quen son eu, cal é meu ser nas tecnoloxías o que dou lugar a publicar a entrada “Privacidade e identidade dixital” . Cando comezamos a camiñar necesitamos que alguén nos axude, nos saiba ensinar que os nosos pasos, a dirección que escollamos vai afectar a onde queiramos chegar. O mesmo sucede co uso das TICS, é necesario unha formación axeitada que nos faga recapacitar sobre o feito de que as nosas accións, os nosos “primeiros pasos” na rede van a repercutir no noso futuro, vai ser a nosa identificación.

Tamén foi importante para superar a etapa anterior e comezar esta nova a axuda aportada tras cubrir a rúbrica de autoavaliación. Que as mestras che ofrezan o seu punto de vista sobre o propio proceso de aprendizaxe seguido é clave para poder continuar camiñando de xeito seguro. Para asentar as aprendizaxes e modificar as trabas, a realización da reflexión da propia aprendizaxe foi fundamental.

La utopía está el horizonte. Camino dos pasos, ella se aleja dos pasos y el horizonte se coore diez pasos más allá. ¿Entonces para qué sirve la utopía? Para eso, sirve para caminar. Fernando Birri