d) camiñando sós

d) camiñando sós

Última actualización de en ...

Coa chegada da primavera, coa chegada de Maio conclúese unha etapa, complétase un longo proceso. Así coma cando un neno/a aprende a andar, as primeiras veces que intenta erguerse non se vai sentir completamente seguro/a; coa utilización das TICS e a metodoloxía empregada na materia tamén nos atopamos con dificultades. Pero iso si, unha vez o rapaz ou rapaza da eses primeiros pasos sen axuda de ninguén, xa non se imaxina vivir sen poder reproducir tal acción todos os días da súa futura vida.

Nesta última e derradeira etapa, a meirande parte das miñas últimas publicacións están relacionadas coa tecnoloxía e educación. Superadas todas as fases anteriores, a relación que manteño coa tecnoloxía pode considerarse fluída. Cando rematemos o grao de Pedagoxía, dispoñerase ante nós un amplo abano de saídas profesionais. Aínda que non sei o que me deparará o futuro, gustaríame dedicarme a temas relacionados coa educación, por iso me encamiñei cara este estilo de publicacións. Con publicacións como “e ti...como te comunicas na educación?” “Conectivismo” ou outras grupais como “Andalucía 2.0” e a creación do vídeo de “Competencia dixital” permitíronme e intentei enfocar as novas aprendizaxes cara este ámbito.

e0432b37deab1a7499509429d66d4bdc.jpg

Nestes momentos podemos observar que a metáfora empregada está claramente relacionada. Unha vez que o neno/a superou a etapa de ter que camiñar con axuda para poder camiñar el ou ela por propia autonomía, é cando realmente vai ter que poñer en práctica se as experiencias vividas lle valeron para algo. Agora que non teño un guía que me oriente, é cando poderei saber se realmente todo o que aprendín nestes meses me vai valer para o meu futuro. Todos os conceptos que traballamos, todas as ferramentas, aplicacións que se nos deron a coñecer, foron perfilando o meu manexo e comportamento, a miña mentalidade en torno á Tecnoloxía.

Si no puedes volar entonces corre, si no puedes correr entonces camina, si no puedes caminar entonces arrástrate, pero sea lo que hagas sigue moviéndote hacia delante- Martin Luther King