4. CONCLUSIÓNS

4. CONCLUSIÓNS

Última actualización de en ...

Tanto o procedemento seguido na materia como a realización de este e-portafolios final, considero que é moi útil e produtivo xa que che permite ver, como nun mapa conceptual, o proceso seguido, a túa evolución, ata onde un é capaz de chegar un con esforzo e perseveranza e,  a través de esta experiencia poder desencadear outras posteriores, ao poder ser con mellores resultados aos termos xa unha base, unha experiencia previa como a experimentada na materia.

Persoalmente, e recuperando a teoría de Vigotsky da “zona de desenvolvemento próximo” considero que o éxito da iniciativa seguida na clase de Tecnoloxía Educativa de fomento da aprendizaxe de xeito autónomo, que os alumnos/as construamos o noso propio camiño, non sería posible sen unha guía que che axudase a continuar por unha travesía ou outra. Considero que aínda que nós os alumnos como persoas adultas que somos, estudantes comprometidos no que nos estamos a formar, coa profesión que queremos chegar a desempeñar, sería moi complicado que chegásemos ao cume da montaña se as mestras e mestre da materia non nos axudasen a canalizar as nosas accións mediante a aportación dos diferentes temas que traballamos nas clases. Foi un longo proceso, esperemos que non sexa a parada definitiva e continuemos camiñando por riba de pegadas aínda non delimitadas.

8da86d1db9ce0b0162418412e855f647.jpg

 .