5. VALORACIÓN PERSOAL

5. VALORACIÓN PERSOAL

Última actualización de en ...

Como ben dixen na última sesión expositiva da materia, persoalmente considero que a metodoloxía empregada en Tecnoloxía Educativa é difícil de fusionar coas restantes materias do grao. Con isto non pretendo criticar esta metodoloxía se non todo o contrario, que me pareza difícil compaxinala non significa que estea mal, mais ben considero que as restantes materias utilizan indebidamente as súas tácticas e procedementos (evidentemente existen excepcións, hai materias que si se adaptan ao que deberían ser os estilos de aprendizaxe actuais). Tampouco pretendo culpabilizar aos restantes mestres por non utilizar novas técnicas e métodos educativos xa que, moitos de eles/as foron educados de outra maneira, nunha época diferente e, sendo os cambios actuais tan veloces, non están capacitados a mudar as súas técnicas despois de tantos anos,  o seu quefacer diario das clases. Como di o refrán “é mellor malo coñecido que bo sen coñecer”, é mellor utilizar técnicas nas que un se manexe ben e se sinta seguro, aínda que non sexan tan actuais, que pretender abarcar todo o novo e fracasar en todas elas xa que fracasar na educación  prexudica a moitas persoas.

Para futuras ocasións recomendo ao 100% continuar empregando esta metodoloxía. Quizabes tamén me parecería interesante que, a maiores de ter que realizar publicacións de diversas temáticas en Stellae, sería interesante que cada alumno/a (ou por grupos de expertos) decidise, dende o comezo de curso, traballar nunha temática en concreto, analizándoa detidamente. Isto motivaría moito ao alumnado, xa que traballaría nalgo que lle apaixona e, se algún alumno está interesado en outro tema a maiores do que elixiu, pode consultar ao grupo de expertos. O problema de esta iniciativa é que ao comezo do cuadrimestre aínda non coñecemos todos os temas polo que non sabemos en que cuestión nos gustará afondar máis.

En definitiva, a verdade que me gustou bastante a experiencia, investigando sobre que temas publicar puiden repasar moitos dos contidos que estudara xa fai tempo, permitiume coñecer moitas noticias que non tiña sospeita da súa existencia e, sobre todo, esta experiencia doume a posibilidade de aplicar moitos dos coñecementos adquiridos xa no día presente, é dicir, antes de chegar a ser pedagoga sendo das poucas veces nas que algo que aprendemos na universidade ten unha repercusión práctica no momento, cambiou non só as nosas prácticas pedagóxicas se non tamén os nosos hábitos diarios de vida. Por continuar aprendendo a camiñar.

e007722c1b8f04d27c39fb94b5ae0e69.jpg