6. Emplatamos o caldo e... A ZAMPAR!!

6. Emplatamos o caldo e... A ZAMPAR!!

Última actualización de en Nerea Lorenzo

Agora si que podemos comezar a comer o noso platiño de caldo, pero sen pasarse!! 

caldo final.jpg

 

Como punto último, ou digamos penúltimo porque nunca se sabe o que pode pasar, aquí é onde chega a miña reflexión final de todo o meu proceso como estudiante da materia de Tecnoloxía Educativa. Dicir que foi para min algo complexo polo mero feito de que non estou acostumada a que deixen os docentes libre alberdrío na elección do que por en certos sitios ou comentar temas que igual non están de todo relacionados coa materia. Por iso, quero facer fincapé en que esta é a materia e é a forma de aprender coñecementos totalmente novos e descoñecidos para a maioría de nós. Si que teño que admitir, que en certas cousas eu non son partidaria da tecnoloxía, pero que todo bo uso pode chegar a ser un progreso como persoa e como futura pedagoga.

A metáfora que empreguei é a do caldo galego, unha receta que hoxe en día segue a facerse e que como en todas as familias, cada unha delas ponlle o seu punto especial. A tecnoloxía tamén é unha "receta" que ven de hai moitos anos, como pode ser unha roda ou un sacho, pero que realmente non vemos o avance que tivo ata que adentramos ao cen por cen no máis fondo, que foi o que me pasou a min con esta materia. É sinxelo entender as cousas con dobre sentido, ou polo menos para min o é, posto que é unha maneira de observar e absorber a información que nos dá día a día a sociedade e as persoas en xeral.

Sen dúbida, isto non sería posible sen a experiencia dos docentes que imparten esta materia, e máis todos os meus compañeiros/as que dan a súa opinión e ofrecen información que eles foron tamén recabando día a día e con moito esforzo. 

Polo tanto, ás veces hai que botarlle ganas para aprender e foi quizáis as que me faltaron a min o ano pasado, pero que este sen dúbida ningunha, encontreime máis cómoda e con ganas de aprender mundos que non tiña idea deles. É cuestión de pillarlle o "truquillo" á Rede Social e a partir de aí? Vento en popa!!

Grazas a tod@s por facer que este caldo galego sexa máis rico do que podería ser se eu o fixera soa.

Un anaquiño de pan non lle fai mal a ninguén, pero lembrade sempre con moderación! ;)