4. Finalización- listo para levar

4. Finalización- listo para levar

Última actualización de en Lara Bello Rey

Por último, establecendo os axustes necesario no meu vestido e hora de dar os últimos pasos na confección do mesmo, para posteriormente entregalo a súa destinataria;  tendo agora máis claro as características que se estaban buscando nel.

En relación a materia e máis concretamente, a xestión do meu aprendizaxe e traballo na mesma, plasmado a través do meu blog; coido que xa estou lista para rematar coa confección do mesmo e a posterior publicación, intentando que este sexa o que se esta pedindo e reflexe a meu proceso de aprendizaxe andadura na tecnoloxía, en xeral e na tecnoloxía educativa, en particular.

Os temas e contidos que se foron tratando nas últimas sesións de clase, para dar por finalizado a nosa andadura nesta sinatura foron:

  • Identidade dixital: como se pode ver a través da entrada 14. Vídeo: Identidade dixital, a través desta entrada e da elaboración do vídeo sobre a mesma, pódese ver o gran problema da sociedade actúa en relación a xestión da súa identidade dixital; así como dos problemas que pode traer unha subida de datos persoais a rede ou de contidos inapropiados. De aí a importancia e necesidade dunha educación dixital, sobre a identidade dixital e a xestión adecuada da mesma. A través desta actividade tamén aprendemos un pouco sobre o proceso de realización dun vídeo e do seu storyboard e sobre os posibles planos de gravación existentes.
  • Software e recursos educativos: como reflexo na entrada 15. Recursos educativos, Software e teorías da aprendizaxe; existen unha gran cantidade de recursos que se poden empregar na educación, só é necesario sabelos adaptar a situación e contidos a tratar.  Como tal, tamén existen unha gran cantidade de software no mundo educativo, que rompen co método de ensino aprendizaxe tradicional e se centran noutras teorías de aprendizaxe, como pode ser o construtivismo.
  •  Políticas educativas de integración das TIC: como expoño na miña entrada 16. Políticas educativas de integración das TIC en institucións educativas e en como complemento da miña anterior entrada; existiron varios programas de integración das TIC nas aulas, nos centraremos no..., polos cales se levou cabo pouco a pouco unha introdución dos recursos tecnolóxicos no ámbito educativo; facendo que o problema na actualidade estea na correcta utilización destes recursos tanto por parte dos docentes, como por parte dos alumnos. Xa que, como ben expoño tanto nesta entrada como na anterior e nun comentario feito a miña compañeira Natalia, de nada serve equiparar aos colexios cos mellores recursos tecnolóxicos, senón se rompe coas prácticas tradicionais de ensino -  aprendizaxe. Para o cal é necesario en primeiro lugar, unha formación dixital dos docentes, xa que moitas veces non saben como empregar estes recursos.
  • Para finalizar, na miña última entrada 17. Fin dun novo comezo, fago unha pequena comparación de como foi cambiando o meu concepto de tecnoloxía dende a primeira clase ata o de agora; a través dunha actividade que se nos encomendou facer ámbolos dous días. Ademais inclúo unha reflexión persoal da experiencia na materia tecnoloxía educativa.

Unha vez completado todo este longo proceso, pódese dicir que o vestido xa esta listo para ser entregado, a espera de que sexa do agrado da persoa e se axuste o máximo posible ao que se estaba pedindo. Estando xa lista, para un novo proxecto.