Retroalimentación para a "redefinción"

E-portafolios, Tecnoloxía Educativa.

Laura Salgado Ferreira.

3º de Grao en Pedagoxía.

CLIS_03.

curso 2015/2016.


A pretensión da presente páxina será a de conformar un portafolios referente ó meu proceso persoal de aprendizaxe e de vivencias en referencia á materia de Tecnoloxía Educativa, neste senso, levarei a cabo unha metáfora da mesma, equiparándoa ó desglose dun sistema de comunicación interpersoal, aínda que neste caso, exista soamente a forza intragrupal de reflexión.

Para o mesmo, cambiarei as tornas do que en xeral se leva a cabo nos procesos educativos, posicionándome desta forma como emisora única dunha conversa na que non se mostrarán atisvos de retroalimentación ou feedback, porque o é en sí mesma, en tanto que suporá unha mostra do aprendido, relacionando o percibido co publigado ó longo do meu devir temporal participativo na rede social Stellae.

En sentido máis concreto, este e-portafolios suporá unha retroalimentación positiva, xa que non só exercerá funcións de control, senón que se asociará a procesos de evolución, crecemento e cambios na concepción persoal da materia, que funciona como tema, mensaxe e contextualización do propio proceso.

Nun momento inicial, levarei a cabo unha carta de presentación, e polo tanto unha definición do que engloba as partes nas que logo  se desglosará o meu devir temático, esperando deste unha conclusión circular, que se peche coa mesma definición, adquirida significativamente por medio da atención e tratamento das partes anteriores, buscando así o equilibrio fundamentador e propio dos procesos de Retroacción.