1. Toma de contacto:

Como calquera conversa habitual, o meu devir comezou cunha presentación, daqueles temas a tratar e dos soportes que utilizariamos para o traballo na materia.

Así, nun primeiro momento presentóusenos a presente canle de comunicación, en soporte dixital, a cal supuxo o eixe fundamental de comunicación entre alumnos e profesorado fóra das horas de clase presencial. Nun primeiro momento, presentóusenos a oportunidade de rexistrarnos e completar un perfil, do cal cambiarei a día de hoxe a descrición, que poderedes ver aquí, xa que esta facía referencia a quen son, por qué estou aquí, de donde veño e a onde vou, non podendo cubrir de todo a última pregunta, que se baseaba soamente en expectativas.

Asemade, levamos a cabo nesta toma de contacto, tweets na rede que fixera referencia ós nosos sentimentos e esperanzas en torno á materia, ó cal sumei outro ó longo do meu devir na rede.

Ademais, nesa primeira presentación, levamos a cabo a subida dun archivo que representara a nosa relación coa tecnoloxía no momento, sendo a foto escollida por min a seguinte:

vivimos enchufados

Esta debíase á idea de que "vivimos enchufados", que as novas tecnoloxías invaden as nosas vidas, non entendendo esta  invasión como mala en todo momento.

A día de hoxe, cambiaría a foto polo reducionismo dende o que a escollín, e non porque non me pareza apropiada, posto que deixei de lado todas aquelas tecnoloxías ás cales non se antepón o "novas".

Posteriormente, requiríusenos a primeira entrada no blog, na cal se debería buscar unha película ou serie que nos impactara polo papel que cobra a tecnoloxía na mesma. A que eu escollín foi "Algo pasa en la nube".