2. Que é a Tecnoloxía?

Nun paso anterior á conceptualización do que é a Tecnoloxía ou a Tecnoloxía Educativa, levamos a cabo en grupos de tres nos que participei con Ixchel Román e María Saco, unha actividade de selección de fotografías pola facultade daquilo que considerabamos tecnoloxía, sendo este o resultado: Collage tecnología

Os motivos da escolla e presentacón das mesmas, levámolas a cabo no blog, coa presentación de "Tecnología en nuestra facultad".

Mais a realización da presente actividade non supuxo unicamente unha achega á conceptualización posterior senón que posibilitou a toma de contacto con programas editores para a confección do collage entre os cales estaban Photoscape ou Fotor, así como a busca de fundamentación da busca de información do proceso citado.

Con todo, e aínda que a nosa idea sobre o verdadeiro significado da tecnoloxía, e porén da tecnoloxía educativa se foi clarificando a posteriori, este proceso significou a conciencia de comexo do meu PLE( Entorno Persoal de Aprendizaxe), en tanto que comezaba para min unha experiencia de autonomía e de control do meu proceso de aprendizaxe, e da remarcación daqueles temas que para min resultaran fundamentais de entre aqueles tratados de forma direta nas clases expositivas e interactivas, por medio da liberdade que as publicacións en Stellae representaban para nós.

Ademais da conceptualización grupal levada a cabo nun primeiro momento, a correción de matices da mesma por parte da mestra, e a visualización de videos nos cales se facía referencia ás influencias da tecnoloxía e a un posible futuro no cales as mesmas xogaran un papel fundamental, conformando así un ente de intelixencia artificial no que posteriormente afondamos nas súas potencialidades e perigos.

En relación a estas cuestións, presentei un blog en Stellae no cal requería ós meus coñecidos por medio dunha conversa grupal en whatsapp, que definiran tecnoloxía, vendo como cada un deles levaba esta cuestión ó seu ámbito persoal ou laboral.

A suma destas tres condicións, levoume a ser realmente consciente do inmersos que nos atopamos perante as tecnoloxías, e en concreto as denominadas como novas, atendendo ademais á existencia dos seus recursos como neutrais, sendo o uso dado ós mesmos o que supón unha condición benefactora ou negativa de por si. Posteriormente, levamos a cabo un xogo por medio de Kahoot, no cal se nos preguntaba acerca da conceptualización do termo ó cal da nome este apartado, aportando ademais, a perigosidade de utilización das mesmas sen a formación específica para tal fin, para a busca de optimización das acción esducativas, complementando métodos previos, analizando así diferentes concepcións expostas en clase posteriormente.

En relación a esta afirmación, gustaríame compartir o texto de Cabrero, 2006, que fai referencia precisamente ó devir e conceptualización da Tecnoloxía Educativa, resaltando a conceptualización deste termo atribuída pola UNESCO (1984, 43-44), citada no texto anterior: “1) Originariamente ha sido concebida como el uso para fines educativos de los medios nacidos de la revolución de las comunicaciones, como los medios audiovisuales, televisión, ordenadores y otros tipos de “hardware” y “software” y 2)"modo sistemático de concebir, aplicar y evaluar el conjunto de procesos de enseñanza y aprendizaje teniendo en cuenta a la vez los recursos técnicos y humanos y las interacciones entre ellos, como forma de obtener una más efectiva educación".

 

Cabrero, J. (2007), Tecnología Educativa: suevolución histórica y conceptualización. Sevilla: Universidad de Sevilla.