3. Sociedade e tecnoloxía.

Unha vez conceptualizadas tanto Tecnoloxía como Tecnoloxía Educativa, procedemos a falar nas clases do seu impacto da sociedade, condicionándose esta cuestión polas desigualdades económicas, que condicionan a distribución da riqueza e das tecnoloxías de forma parella nas mesmas áreas territoriais.

O impacto da tecnoloxía chega incluso a crear etapas xa dentro da denominada era dixital como as correspondentes á sociedade da información (dende os anos 90), sociedade do coñecemento, xeración de nenos zapper...

A primeira presentada fai referencia á sociedade actual, a cal está invadida por información que chega por unha multiplicidade de fontes, tanta que é inabarcable para o ser humano (infoxicación), quen ten que ser crítico e declinar aquela da que non vai a sacar proveito, contrastando a verídica ou non, ou non lle interesa especialmente, propiciando desta maneira a curación de contidos, evitando así ser simplemente un depredador de contidos. Unha ferramenta d importancia neste senso sería o RSS. Así, no meu blog fixen referencia a outras ferramentas como symbaloo ou gmail, que tamén xogan un papel importante na busca de información.

Así, unha das nosas actividades, trataba de mostrar ós demais unha noticia verdadeira oufalsa, para que eles mesmos desconfiaran ou non dela, atendendo ó criterio que viran necesario.

En relación a isto, cabe sinalar que o cambio social produce cambios a nivel cognitivo, principalmente de atención, no cal entran en xogo os denominados nenos zapper, os cales dada esa multiplicidade de opcións de información a alcance inmediato, son incapaces de manter a atención nunha mesma cuestión durante longos periodos temporais.

Así, a creación do coñecemento adquire unha esfera individual, e outra máis social, atendendo á disparidade entre o coñecemento aberto ou pechado, distinguido en internet por licencias como o copyleft (por exemplo coas creative commons) ou o copyright (ou dereito de autoría).

Neste intre, entran en xogo ó meu parecer por un lado os cambios cognitivos de adquisición de coñecemento, así como as metodoloxías e os procesos en canto ó mesmo.

O meu Stellae fai referencia á primeira condición nos blogs "Pensamiento computacional en educación" e "neurofeedback", no que se reflexa fundamentalmente a idea pretendida para a presente composición do portafolios, en tanto que este se entenda como unha reflexión positiva, a calificar.

A segunda cuestión, veríase reflectida por exemplo no noso video en vimeo, o cal facía referencia á busca de información, e a terceira, o post en stellae referente ó noso Symbaloo persoal, entrando en temática ademais os pasos na busca de información, de busca, selección, dar forma e compartir.

Nesta última cuestión entrarían en xogo ademais, (como no caso do copyleft), a posibilidade de usuarios que non solo sexan consumidores senón que ademais compartan e creen, sendo porén prosumidores. No devir da asignatura nos non só o fomos en Stellae, senón que puidemos participar da creación e modificación de contidos de Galipedia.

Neste punto, haberá que ter en conta tanto os procesos de busca de información como o acceso ás mesmas, desenvolvendo estratexias como pode ser a transmedia.

Todo este esquema de traballo, levarase a cabo atendendo a diferentes liñas de coñecemento e actiación com o conductismo, o constructivismo... e ás posibilidades dos recursos utilizados.