INTRODUCIÓN

INTRODUCIÓN

Última actualización de en Alba Taboada Méndez

Son tantos os conceptos, os contidos e as temáticas que vimos ao longo deste curso, que realizar unha síntese interna para lembrar e enlazalos todos resulta un traballo relativamente complicado. Para iso, tentarei resaltar os aspectos que mellor puiden interiorizar durante todo este tempo e o que aprendín con iso.

Stellae converteuse nestes meses nun traballo que require moita dedicación por parte de todos. Non só fun aprendendo coas miñas investigacións e entradas, senón que as publicacións dos meus compañeiros e compañeiras foron grandes fontes de coñecemento para min, xa que ademais de temas descoñecidos, creo que é importante coñecer diferentes perspectivas coas que poder contrastar o meu propio proceso de aprendizaxe.

Para a elaboración de leste e-portafolio, decidín a utilizar a teoría darwinista sobre a evolución da especie como metáfora. Neste caso, trátase da evolución do meu coñecemento sobre a tecnoloxía do noso século. O por que da miña elección é simplemente porque creo que a selección natural que Darwin explica na súa obra A orixe das especies pode representar que o manexo e uso das novas tecnoloxías é unha característica vital para a supervivencia (social) no século XXI.