PRIMEIROS PASOS

PRIMEIROS PASOS

Última actualización de en Alba Taboada Méndez

Cando comecei a miña andadura pola materia de Tecnoloxía Educativa pensei que sería fácil o empregar un ordenador e o falar sobre a tecnoloxía, ainda que non me dou moi ben con ela ao ter nacido na era dixital supuxen que isto non sería un problema. Nunha das miñas primeiras entradas relataba como para min era complicado o manexarme con estes aparellos pero penso que hoxe en día podo dicir que aprendín a manexarme mellor con eles. Aprendín novas formas de ver que me achega a tecnoloxía en todas e cada unha das facetas da miña vida. Novos conceptos, novas formas de entender, novas miradas cara ao mundo de hoxe... Tamén lembro expor certos obxectivos que a día de hoxe non estou segura de conseguir ao 100%. Pero si que estou orgullosa de tentar integrar todo o posible no meu imaxinario tecnolóxico e na miña base de datos para progresar día a día.

En definitiva, se viaxo no tempo catro meses atrás, véxome como unha cavernícola que viu por primeira vez o lume; que despois de observalo unha e outra vez, segue parecendo o máis descoñecido do mundo, pero que no fondo sabe que está a piques de evolucionar, de mellorar e de converterse nunha verdadeira nativa dixital.