SELECCIÓN NATURAL

SELECCIÓN NATURAL

Última actualización de en Alba Taboada Méndez

A medida que pasaba o tempo, volvéuseme máis difícil. Aprendín que quen non avanza coa tecnoloxía queda atrás. Falo da loita pola existencia porque considero que os coñecementos, capacidades e habilidades en materia de Tecnoloxía Educativa vólvense indispensables á hora de falar do mañá, do futuro, do traballo e de todo o demais. Os máis aptos, os máis "fortes", quen as posúa e controlen serán quen consiga progresar.

Abrín os ollos para ver partes do mundo que sempre estiveron aquí, pero que nunca me molestei en entender. Fun así evolucionando grazas ás miñas novas aprendizaxes. Xa non me sorprende ver lume, pero a miña capacidade de descubrimento non se acaba aquí (e espero que non se acabe ata dentro de moito). É de necios negar que somos seres humanos do século da tecnoloxía, polo que se non podes co teu inimigo, únete a el.

Hai aspectos que considero moito máis significativos que outros (o cal non quere dicir que lles reste importancia). Por exemplo, comprender que leva a sobrecarga de información á que vivimos expostos a través dos medios de comunicación, a idea de diferenciar que clase de información é válida e a forma de darnos conta a través da competencia mediatica fai que as miñas recollidas de información, sexa para traballos ou pola miña curiosidade, sexa máis extensa e minuciosa, porque unha persoa que considere todo por correcto, deixa de ser apto para a sociedade actual.  Tamén, o comprender o importante que é o recoñecemento do traballo propio, mediante a creación de Creative Commons, Copy-left, etc. interfere tanto na valoración que teño agora do traballo alleo como no meu propio. Ou o infinitamente necesario que é comprender que formamos parte dunha comunidade colaborativa, como aprendemos e debatemos grazas ao traballo realizado coa Wikipedia.