SUPERVIVENCIA

SUPERVIVENCIA

Última actualización de en Alba Taboada Méndez

Os profesionais do ámbito da educación somos realmente importantes e que a Tecnoloxía, xunto cos nosos coñecementos e intervencións, pode abrir novas fronteiras para a superación de problemas realmente serios no mundo de hoxe. Se un simple e-book podería facer que miles de nenos e nenas recuperasen o que a guerra lles quitou, habería que imaxinar o que podería chegar a facer por todas aquelas persoas no mundo que teñen vontade propia para aprender. O mesmo podo alegar coa creación de app's como Google Person Finder ou todas e cada unha das aplicacións que se están desenvolvendo para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades de todos os cidadáns deste planeta.

O noso deber é abrir o ollos aos que nos rodean, facerlles entender que a tecnoloxía non serve só para acumular likes en Facebook ou nos selfies de Instagram. Aprender a utilizar as redes sociais tamén ten que ser un tema que tratar con delicadeza; xa vimos os perigos e malos-usos que lle damos cotidianamente, pero non temos que estancarnos aquí. Hai un longo camiño que percorrer para sobrevivir no mundo da tecnoloxía.