SIGAMOS EVOLUCIONANDO

SIGAMOS EVOLUCIONANDO

Última actualización de en Alba Taboada Méndez

Tivéronnos que ensinar a estas alturas da vida a importancia de algo que leva acompañándonos tantos anos. Pero mellor tarde que nunca. Non hai que subestimar o poder de calquera tecnoloxía, e sobre todo, no ámbito educativo.

Os debates sobre a introdución de novas ferramentas nas aulas deben estar máis fomentados, desde todas as perspectivas, sexan boas ou sexan malas (segundo a opinión de cada quen). Temos que romper a brecha da que tanto falamos; que a tecnoloxía chegue a todos os recunchos do mundo, que os expertos ensinen a utilizala e que o seu uso sexa de gran axuda a toda a humanidade. Fáltannos un par de pasos para comezar a vivir de forma armoniosa coa tecnoloxía.