1. O rincón puzzleiro

1. O rincón puzzleiro

Última actualización de en Sandra Santamarina

 Existen moitas clases de puzzles, con moitos tamaños, formas e temas.

Cando un puzzle ten moitas pezas, é necesario realizalo nun lugar idóneo, nun espazo, para poder traballar nel con comodidade. É recomendable que nese espazo conviva a orde, a tranquilidade e a armonía, xa que estes factores añadiran facilidades á creación.

Stellae.png

(Fonte: http://stellae.usc.es/red/)

O lugar onde realicei o meu puzzle persoal foi o coñecido por todos nos Stellae, unha rede social de finalidade educativa. Nun primeiro momento tratábase dun lugar extraño para min, onde o traballo de construcción e desevolvemento do puzzle se fixo complicado. Ademáis o formato de rede social interpuñase no camiño, tratábase de escribir coñecementos e ideas nun sitio público, un escenario cheo de espectadores que tiñan a posibilidade de comentar libremente. Asusta verdade?

Moitas veces, o acto de creación dun puzzle realizase de xeito conxunto, con amigos ou familia. Esto significa que en moitas ocasións outras persoas intervirán neste espazo, pero sempre coa intención de axudar na montaxe e desenrolo da actividade, aportando ideas de como colocar as pezas, dando consello, opinión e valoracións, tanto positivas como negativas. O camiño non é sinxelo, son moitas as pezas que xuntar e moitas non estarán no sitio correcto, por iso as aportacións de terceiras persoas serán moi importantes. Pensa que algúns/as son profesionais na montaxe de puzzles e quiarante polo sendeiro correcto para chegar a un resultado positivo.

Ten en conta que as veces vas ter que desfacer pezas e volvelas a colocar, xa que o lugar ou modo de asignación non era o correcto, pero non te rindas, cada vez queda menos!