2. Organizando as pezas

2. Organizando as pezas

Última actualización de en Sandra Santamarina

Para que a realización do puzzle sexa máis sinxela deberás organizar as pezas, convertendoas en puntos de referencia para a montaxe.

Normalmente, para empezar un puzzle sepáranse as pezas dos bordes, son as máis sinxelas de atopar e de encaixar, e forman o que ven sendo a estructura da nosa obra. Posteriormente de localizar estas pezas, debemos agrupar as pezas centrais, ir seleccionando as adecuadas para darlle forma ao nosos rompecabezas. Organizando as pezas.jpg

(Fonte: http://es.123rf.com/photo_9856288_junta-de-equipo-de-puzzle-fondo-del-concepto-de-tecnologia.html)

As pezas estructurais da materia e cas cales serviron de corpo nos nosos perfiles de Stellae foron as clases interactivas. Con elas íamos descubrindo en primeira persoa como era verdadeiramente a materia e aprendendo a aproveitar as oportunidades e recursos que ésta brinda ao nosos traballo como futuros pedagogos/as. A través dun tema igual para todos, fomos creando traballos grupais donde se podían aprenciar as diferentes ideas ou posibilidades que cada un de nos lle daba aos conceptos abordados. Nestras entradas, aprendimos funcións e recursos que nos ofrecia Internet para mellorar a nosa aprendizaxe, simplificando os procesos e aumentando o noso coñecemento nesta temática, a tecnoloxía educativa.

As pezas centrais, as cales deberíamos encaixar no noso propio aprendizaxe expresábanse nas clases expositivas, donde se tocaban temas relacionados coa tecnoloxía en xeral, e coa tecnoloxía educativa en particular. Estes temas quedaban incluídos na nosa aprendizaxe, pero posteriomente a través dun proceso de autodirección debíamos expresalos nas entradas, intentando apropiarnos do contido vinculando a realidade e o día a día , valorando a nosa propia aprendizaxe, e reflexionando sobre o noso proceso individual e colectivo.

Como xa dixen, a contrucción dun puzzle tamén é un proceso social, o que fai que coas aportacións de todos/as, o noso coñecemento medre e poidamos alcanzar así un bo resultado na construcción das nosas aprendizaxes e experiencias.