2. Cando as pezas non encaixan

2. Cando as pezas non encaixan

Última actualización de en Sandra Santamarina

Nas caixas dos puzzles, sempre ven plasmado o resultado final, o que debes acadar, e o que serve de guía para a realización do mesmo.

Dentro desta matería, tamén contábamos con algo parecido á imaxe dos puzzles. A rúbrica de evaluación. Nela podíamos aprenciar cales eran os puntos principais de evaluación, e os dintinos grados que tiñan, sendo conscientes de como deberíamos direccionar este proceso para chegar a unha boa construcción do puzzle.

Pero como todos sabemos, non é nada sinxelo. Aínda así a rúbrica serviu de axuda para ser conscientes de certas normas mínimas que se debían cumplir para lograr os obxectivos da materia.

Neste sentido, a miña experiencia foi negativa. Nas miñas entradas, e o que ven sendo o mesmo, na miña prendizaxe, non se reflexou o que quería decir co que dixen debido ao mal enfoque da materia... As entradas da primeira convocatoria mostran unha trama simple, sen case contido de tecnoloxía educativa. Penso que este mal enfoque debeuse a que nun primeiro momento, a miña visión sobre a tecnoloxía, e a súa vinculación co ámbito educativo non era unha idea aceptada nos meus pensamentos, o que produciu que todo o proceso de aprendizaxe fora moito máis lento e ríxido. Esto significa que non souben dirixir a miña propia construcción do coñecemetno, e tampouco recoñecer as miñas debilidades coa materia. A súa vez, non valorei os elementos que nos aportaban os profesores/as nas clases interactivas, chegando incluso a realizar traballos grupais de forma mínima para saír do paso. Non fixen reflexións profundas sobre o meu proceso de aprendizaxe, porque considero que tampouco era moi consciente del, ademáis que traballei de forma irresponsable non respetando algúnhas normas de citación e autoría.

 

O meu puzzle foi construído de forma errónea, polo tanto tiven que reflexionar sobre o meu proceso de construcción e volver a inicialo.  

As pezas non encaixan.jpg

(Fonte: http://labolsaporantonomasia.es/situacion-tecnica-del-santander-en-el-corto-plazo/encajando-pieza-puzzle/)