3. Con lupa!

3. Con lupa!

Última actualización de en Sandra Santamarina

Para axudarnos na construcción do noso puzzle, é necesario que teñamos en conta os pequenos detalles, xa que estes marcan a diferencia e fan que as pezas encaixen mellor.

Cada entrada é única. Trátase da creación do noso propio coñecemento e da vinculación das aprendizaxes expostas nas clases coa realidade. Cada un de nos busca darlle as entradas un toque persoal, que as diference das demáis intentado mellorar continuamente a nosa perspectiva da materia e ampliando as nosas fronteiras na búsqueda de información e na ampliación do coñecemento.

Neste ámbito, fumos capaces de relacionar as redes sociais, as aplicacións móbiles, experiencias persoais, libros, xogos, programas de TV, música, etc coa educación e coas posibles aplicacións tecnolóxicas destas. Soupemos relacionar información documental de profesionais do ámbito coas nosas reflexións e experiencias, vinculando os contidos de forma que o conxunto fora válido para a nosa aprendizaxe e a construcción deste proceso social.

Aprendimos uns dos outros de forma colaborativa, comentando o bo traballo dos demáis, ou ampliando a informacións dos compañeiros, facendo que o proceso fora deste xeito,máis sinxelo para todos.

O gran protagonista foi o respecto e a aptitude colaboradora de todos os usuario/as da rede social, e esto axudou a aumentar a confianda de todos á hora de escribir nunha rede social, e nun escenario público.