Se algo non encaixa, non forces!

Se algo non encaixa, non forces!

Última actualización de en Sandra Santamarina

Nesta utilma etapa de construcción do meu puzzle, as pezas foron máis fáciles de encaixar grazas á reflexión interior ao ver que a primeira vez non funcionou.

Intentei ver o lado positivo de todo isto, e visualizar o resultado final para gañar motivación no proceso. Axudeime dos puzzles dos demáis, para comprender que o camiño non era difícil, senon que só tiña pequenos baches de fácil superación.

Intentei mirar ao meu redor cunha perspectiva distinta, esperando que me servira de axuda para encaixar as pezas.

Éstas pezas vincularonse a temas actuais, como foron as eleccións do 26-J, describindo as aportacións de cada un dos partidos acerca da inclusión da tecnoloxía educativa nas políticas que propuñan. Ao Brexit, relacionando cos medios de comunicación na rede, toquei temas da materia como a Identidade Dixital, a Narrativa Transmedia, o termo Prosumer, e o coñecemento que nos ofrece a rede.

Pero non só foi ese o traballo realizado, senon que intentei reflexionar sobre todo o feito anteriormente mellorandoo ou simplemente añadindo a peza que faltaba para que o puzzle tivera mellor aspecto.