Subpáxina 1: Introducción

Subpáxina 1: Introducción

Última actualización de en Damián Varela Sánchez

O fío condutor que decidín empregar no meu portafolios é a comparación do mesmo coa construción dunha vivenda, a miña vivenda de asesor. Do mesmo xeito que ocorre cando construímos unha casa, para a elaboración do presente portafolios, foron necesarios unha serie de ingredientes (materiais) os cales poden ser combinados de formas moi diferentes dando lugar a resultados case infinitos.

O que aquí presento é o resultado da combinación que eu realicei cos ingredientes que dende esta materia se nos puxeron ao noso alcance. Como é evidente, cada portafolios é unha produción persoal e inimitable xa que pese a que todos temos ao noso alcance os mesmo ingredientes, as formas de combinalos varían enormemente dunhas persoas a outras así como tamén son distintos os puntos de partida que cada un posúe.

Polo tanto, reiterando o dito anteriormente, o presente portafolios é a representación da miña construción persoal acerca do coñecemento adquirido nesta materia. Seguramente non ha ser unha produción que reflicta o cen por cen do traballo realizado nin das achegas feitas. Pese a isto, nesta produción intento reflectir da mellor forma posible o traballo realizado nesta materia.

Continuando coa metáfora da casa, quero indicar que estruturei o meu portafolios do seguinte xeito:

Na primeira das páxinas inclúo, ademais da presentación que está a ler, aquelas actividades e reflexións realizadas en relación cos conceptos previos que posuía sobre qué é asesorar, posto que son estes os que nos servirán de “elementos base” para o elevar o resto da construción.

A segunda páxina recolle os contidos relacionados co bloque 1 da materia (Bloque temático 1: Psicopedagogos /as e contextos de asesoramento) no que poderiamos denominar como unha primeira aproximación ao tema do asesoramento. Seguindo coa metáfora atoparíamos agora na elaboración da primeira planta, unha planta que ten en conta os contidos traballados ata o de agora e que dará apio ao resto dos andares desta metafórica construción.

A terceira das páxinas está dedicada aos contidos que gardan relación co segundo bloque (Bloque temático 2: Profesores/as e asesores/as).  Trátase do andar onde maior número de estancias imos a atopar pois é o lugar onde máis nos imos a mover e onde máis tempo imos estar, polo que coñecer ben estas estancias será fundamental para realizar unha boa labor de asesoramento.

A cuarta páxina contén aquelas actividades, comentarios e valoracións relacionados co terceiro bloque de contidos (Bloque temático 3: Procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade). Neste andar atopámonos con algunha habitación que está máis avanzada que outras e será sobre esa sobre a que maior número de achegas se recollan, sen por elo deixar de traballar nas outras estancias deste andar.

Na quinta e derradeira páxina aparecen recollidas as conclusións finais sobre o traballo realizado nesta materia así como unha breve reflexión final xunto coas correspondentes referencias de todos os documentos empregados.