Subpáxina 4: Asesoramento e Orientación

A cuarta das habitacións que nos encontramos nesta pranta baixa é a de "Asesoramento e Orientación" dous primos irmáns que están sempre a pelexar por saber a quen lle pertencen máis ou menos cousas da súa habitación.

Do mesmo xeito que fixemos coas outras habitacións, nesta tamén seguimos a mesma estructura.

Comezamos abrindo a súa porta:

  Asesoramento e Orientación

Acto seguido, atopamos dentro dela unha serie de posicións moi variadas sobre este tema:

Hai autores que defenden que se trata da mesma práctica denominada de dúas formas diferentes.

Outros pola contra, creen que son prácicas que teñen moi pouco en común. Defenden que mentres que a orientación se da, fundamentalmente, no ámbito educativo, o asesoramento é unha práctica que se da en campos moi diversos incluíndo dentro destes o da propia educación.

Unha terceira posición respecto deste tema é a que mantén que estas dúas prácticas son prácticas diferentes pero que manteñen moitos elementos en común. Dende esta perspectiva ambas estarían moi interrelacionadas pero unha delas (o asesoramento) sería a que "atravesaría" á orientación estando presente a primeira presente en todas as actividades que se realizan na segunda (orientación).

Persoalmente estou de acordo con esta última posición xa que tras reflexionar bastante sobre este tema creo que en prácticamente a totalidade de actividades realizadas co fin de orientar levan implícito un certo carácter asesorador.