Subpáxina 5: Medidas de antención á diversidade e desenvolvemento do currículo

Saíndo do cuarto de "Asesoramento e Orientación", temos á nosa esquerda dúas estancias máis. A primeira delas é a das "Medidas de antención á diversidade e desenvolvemento do currículo". Tal e como fixemos nas outras habitacións abrimos a súa porta

( )

e encontramos diante de nós unha boa cantidade de actividades e información respecto deste tema. A selección que se mostra a continuación é testemuña disto:

Hai vida máis alá dos recortes: A outra cara da moeda.

Durante as últimas sesións desta materia unha das moitas temáticas que tratamos foi a dos recortes en materia educativa. Nos días posteriores ao anuncio destas medidas por parte do goberno, os diferentes medios de comunicación fixéronse eco das variadas opinións existentes  ao respecto.

Ditos medios tamén recolleron imaxes e vídeos das diversas manifestacións, en contra dos recortes,  que se produciron por toda a xeografía española. Foron unha cantidade de noticias, artigos, entrevistas, etc que nos da unha idea moi clara da importancia que ten para a sociedade en xeral, e para os profesores en particular, o tema dos recortes en educación.

Poderíamos pasar horas e horas lendo nas páxinas dos xornais e vendo nas diversas webs das cadeas televisivas as largas listas de noticias, vídeos e artigos elaboradas a partir deste asunto.

Mais esta entrada non ten por obxecto recoller esas noticias que so se centran na parte negativa que calquera recorte leva consigo, e máis cando se trata de recortes en educación.

Esta entrada ten como finalidade achegarvos unha nova publicada o pasado venres no xornal gratuíto “De luns a venres”  e que mostra a outra cara da moeda.

A cara na que están aquelas persoas, que pese aos recortes que están a sufrir, se esforzan no dia a dia para seguir mellorando a educación dos seus alumnos e alumnas os cales nada tiveron que ver coa crise que estamos a sufrir.

Trátese, ao meu modo de ver, dun bo exemplo de “actitude positiva” fronte á brutal redución de recursos que están a sufrir os centros educativos ben sexan estes recursos humanos ben sexan materiais ou económicos.

Debo indicar que non quero que se me mal interprete. Para nada estou a favor dos recortes levados a cabo polo goberno recentemente. Tan so vos quero achegar esta breve noticia onde se recolle a actuación dun centro educativo sobre o fomento da inclusión do seu alumnado con NEAE (necesidades específicas de apoio educativo).

Tal e como se pode ler na noticia, este centro adaptou os seus espazos para que os catro alumnos con NEAE poidan recibir unha mellor atención educativa, implicando para elo á toda a comunidade (pais, concello, mestres, D.O,).

Persoalmente, vexo esta noticia, metaforicamente falando, como un deses raios de luz no medio da treboada que todos estamos agardando para facernos ver que é posible mellorar a educación (ou cando menos certos aspectos dela) pese a que empeoren os recursos que a ela se dedican.

 

nova exemplo contrarecortes

 

Adatacións Curriculares

Boas a todas e todos.

Nesta entrada vou a incluír un pequeno documento que encontrei sobre as adaptacións curriculares. O texto, o cal adxunto como anexo, é un pequeno extracto que obtiven do libro “Supuestos prácticos en Educación Especial (1998). Ed. Escuela Española: Madrid” en concreto da páxina 26 á 31.

Trátase dun apartado onde se profunda no tema das adaptacións curriculares abordándose aspectos como os niveis de concreción curricular (as adaptacións estarían no cuarto nivel aínda que non todos os autores recoñecen este nivel de concreción curricular), os tipos de adaptacións en función dos elemento que se modifican do currículo (elementos de acceso vs elementos básicos), os criterios de significatividade dunha adaptación, entre outros.

Creo que é un documento que clarifica algo máis os aspectos traballados na aula e permite velo de forma moi gráfica xa que inclúe unha serie de mapas conceptuais que, ao meu parecer, son moi clarificadores.

Espero que o atopedes interesante.

Extracto do libro

adapación curricular

 

Novo decreto de atención á diversidade: Aspectos máis importantes.

No documento que adxunto a esta entrada realizo unha síntese dos aspectos que considero máis importantes do novo decreo de anteción á diversidade (Decreto 229/2011).

Decreto 229/2011: resumo dos aspectos máis importantes

A visita de Chefa: comentario sobre as cuestións abordadas.

No seguintes documento fago unha valoración persoal dos temas expostos por Mª Josefa Lorenzo na penúltima sesión de clase.

Valoración dos temas traballados con Chefa