Subpáxina 6: O psicopedagogo/a como un profesional xunto a outros profesionais no marco da institución educativa

Para rematar coas habitacións que hai nesta planta baixa non podo esquecerme de falar do cuarto de "O psicopedagogo/a como un profesional xunto a outros profesionais no marco da institución educativa".

Unha vez que cruzamos a porta desta estancia

( )

Atopámonos coas actividades que sobre este tema se recollen a continuación:

 

Asesoramento a profesores sobre o traballo en equipo.

Nesta entrada inclúo dous capítulos do libro “El trabajo en equipo del profesorado” escrito por Joan Bonals. Trátese dunha temática que tratamos recentemente na aula e creo que os contido que aborda este autor son algo que debemos de ter en conta na nosa futura labor como asesores.

Os capítulos que vos achego son o primeiro e o terceiro. O primeiro, que leva por título “Mejorar las relaciones en los equipo docentes” aborda unha serie de aspecto que, a xuízo do autor, fundamentan as relacións de colaboración e traballo en equipo entre docentes. Algúns dos contidos tratados son a reciprocidade nas relacións, a posición de cada docente na institución escolar, a participación e a toma de decisións, o respecto á diversidade de opinións entre outros.

O terceiro capítulo titulado “El papel de los asesores psicopedagógicos en la mejora de las realciones y la operatividad en lo equipos docentes” exemplifica, por medio de casos nos que o autor interveu como asesor, como realizar unha intervención con docentes de cara a mellorar o traballo en equipo dos mesmos.

Persoalmente creo que se trata dun libro moi interesante e os capítulos que aquí vos achego penso que poden ser unha boa ferramenta para que no futuro profesional saibamos como intervir fronte a situación de falta de colaboración entre o profesorado.

Pdf do capítulo 1:

El trabajo en equipo del profesorado: capítulo 1

Pdf do capítulo 3:

El trabajo en equipo del profesorado: capítulo 3

Na seguinte pdf pódese consultar algunha información sobre o autor deste libro así como algún dos títulos das súas obras:

  Datos biográficos de Joan Bonals

Referencias:

Bonals, J.(1996): El trabajo en equipo del profesorado. Graó. Barcelona

http://www.escolescompromeses.org/mm/image/EXPERIENCIES/entrevistes/eapbergueda/eapberguedaequip.jpg (14-5-2012)

http://www.grao.com/autors/joan-bonals (12-5-2012)

http://www.metabase.net/docs/upn/10789.html (13-5-2012)

 

  Microrelato

No seguinte documento recollo e meu microrelato sobre o tipo de colaboración observada nos centros. Ademais, tamén inclúo unhas valoracións persoais sobre ese tema.

Microrelato

 

Sobre o tema da colaboración

 

Un dos moitos temas que Jesus Domingo aborda no seu texto “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría (Domigo, J; 2010)” é o tema da colaboración. Este tema debatémolo tamén na aula cando empregamos a técnica que a profesora denominou/bautizou como os tres círculos de Montero.

Mónica e Adriana fixeron referencia a que se trata dunha palabra que temos demasiado “gastada” algo co que estou completamente de acordo. Sobre este tema, o da colaboración, creo que é interesante o texto que adxunto nesta entrada.

Trátase dun artigo de J.F.Pozuelos titulado “Asesorar desde la colaboración”. Nel móstrasenos como a colaboración xoga un papel fundamental no asesoramento ademais de aportarnos un breve repaso dos antecedentes e da evolución histórica do mesmo.

Considero que é un artigo moi interesante, sobre todo os apartados onde nos fala da formación nos centros (sobre este tema profundo algo máis na reflexión que realicei sobre o contido do texto) como estratexia para acadar a colaboración, o apartado onde centro o discurso nos aspectos a ter en conta para promover a colaboración entre centros e profesores así como tamén o apartado onde sinala os requisitos que debe cumprir un asesor/a para lograr acadar unha boa implicación na colaboración.

Finalmente quero sinalar que se trata dun artigo moi breve e anímovos a que lle botedes unha ollada xa que como dixen antes creo que o seu contido é moi importante debido a que aborda un tema fundamental no campo do asesoramento.

Espero que o atopedes interesante. Un saúdo.

Referencia Bibliográfica: Cuadernos de Pedagogía, nº 302, pax: 50-54.

O artigo de J.F.Pozuelos: "Asesorar desde la colaboración":

Artigo "asesorar desde la colaboración" de J.F.Pozuelos.

A miña reflexión sobre o artigo:

Reflexións sobre o artigo "asesorar desde la colaboración"