1. Introdución

1. Introdución

Última actualización de en Milagros

Durante o meu traxecto educativo, nunca realicei un traballo como este, onde a través de unha páxina como o “stellae”, puidese describir os conceptos que se aprenderon en clase e mais poder aumentalos e incluso proporcionar a miña opinión persoal.

Resultou un método de traballo bastante interesante a vez que complicado. Complicado ao comezo, xa que ao ser algo novo non sabía moi ben que publicar, como funcionaba a propia páxina web, non encontraba como comezar que sempre resulta o mais difícil cando se realiza algo novo.

Sen embargo pouco a pouco desenvolvinme bastante ben, xa que a través de poder experimentar dentro dela, collín o camiño correcto.

Teño que destacar que coa axuda do que se daba en clases, tanto expositivas como nas interactivas de Tecnoloxía Educativa, axudaba moito para poder realizar unha publicación todas as semanas e poder seguir cunha continuidade. Sen embargo o que mais me puido resultar complicado, moitas veces, foi realizar os comentarios aos meus compañeiros, xa que como todos facíamos unhas publicacións semellantes, non podía comentar sempre o mesmo en todos xa que me parece repetitivo.

Pero, realizar algo novo en clases e traballar de diferente maneira, sempre resulta mais emocionante, interesante, motivador e innovador.