3. Comentarios

3. Comentarios

Última actualización de en Milagros

Unha das partes que tiñamos que realizar, era facer comentarios aos distintos suxeitos que aparecían dentro da páxina web de Steallae.

Poder dar a miña opinión nos diferentes blogs que escribían os meus compañeiros e compañeiras, e incluso aos suxeitos que non coñecía, resultoume bastante interesante, xa que a través deles podíase ver cal era o pensamento de cada un e as opinións que se reflexaban segundo o tema que se tratase.

Ademais, de poder aprender cousas novas a través dos posts, tamén cos comentarios se chegaba a saber e poder coñecer certos temas que moitas veces pensamos pero que non publicamos. Isto pode ser por medo a que nos critiquen, a que nos miren mal, ou incluso polo que pensarán.

Durante este tempo comentei en moitos dos blogs que me parecían interesantes dende o meu punto de vista, xa estaba de acordo ou coma non. Grazas a eles, moitas veces producíase certos debates que proporcionaban certos intereses sobre temas interesantes.

Por outro lado, como mencionei na introdución, resultábame complicado poder comentar a todos e a todas, xa que moitos dos posts parecíanse, polo que acababa comentando nun, xa que me parecía moi repetitivo se o facía no resto. Polo que elexía o que mais me gustaba.

Cheguei a comentar diversos posts sobre diferentes temas, pero os que mais me gustaron foron os que falaban das vantaxes e desvantaxes das tecnoloxías, así como poder comentar algunha noticia e poder opinar sobre ela, xa que che da a liberdade que non podes ter noutro tipo de método didáctico.

Non podo dicir que non me gustou ningún, xa que considero que os comentarios son algo persoal de cada un, a súa forma de pensar están reflexados neles, polo que creo que todos os que realicei fíxeno baseándome no meu criterio e no meu pensamento.