4. Conclusión

4. Conclusión

Última actualización de en Milagros

Para poder finalizar, quédame poder expresar como vexo esta técnica de traballo.

Considero o Stellae como un método diferente ao resto dos traballos que tiven que realizar así como os portafolios, xa que nunca tivera que publicar a través de unha páxina web os contidos que realizamos en clase, nin expresar as miñas opinións. Si que coas redes sociais podes escribir o que ti queres, xa que son persoais, pero esta rede é diferente. Nela recollemos todo o aprendido durante estes meses nas clases de Tecnoloxía Educativa. Polo que a través dela vamos a ser avaliados.

Resultoume unha práctica divertida e a vez confusa, debido a que é algo diferente, descoñecido, e ata que se leva uns días traballando con ela non sabes manexala ben, como todo o novo.

É innovadora, motivadora, interesante e entretida, a cal nos fixo traballar constantemente nela, poder ter unha continuidade para poder traballar mellor e mellorar cada día, xa que sabemos que a nosa avaliación vai depender deste portafolios que estivemos realizando. Que con outro tipo de prácticas ou traballo isto non pasa.

Tiven problemas para poder subir algún vídeo e incluso algún archivo, xa que moitas veces eu podíao ver pero os meus compañeiros non, polo que niso si que tiven algún que outro problema.

En definitiva, considero moi produtivo realizar este tipo de tarefas dentro das clases, xa que sempre soen ser algo aburridas e pouco motivadoras.  Onde a través do stellae puidemos seguir un ritmo de traballo continuo e unha aprendizaxe diferente cos contidos que comentamos todos. O proceso de información foi realizada por nós mesmos, coa axuda de documentos académicos, traballos, páxinas web, blogs, e outros moitos documentos que nos proporcionaban información para construír o noso contido.

Un punto que destaco e que ao ter que buscar por min mesma o contido, tívenme que fixar moi ben onde escollía os termos, xa que moitas das páxinas que aparecen en internet non son fiables.