1.4 Punto de inflexión

Montar en bicicleta require confianza tanto en ti mesma, como no propio vehículo. Unha vez gañada esta confianza e cando xa andas nela sen ningún tipo de dificultade chega un momento decisivo: o momento de quitar as rodiñas. Para min, o punto de inflexión en Tecnoloxía Educativa foi a primeira avaliación. No caso da bicicleta, no momento de quitar as rodiñas tambaleaste e perdes toda a estabilidade que gañaras con anterioridade. O mesmo me ocorreu coa materia e o desenvolvemento que estaba levando a cabo. A avaliación redirixiume, permitíndome modificar os erros que estivera cometendo e afondando nos contidos.

A partir deste momento, centreime máis en aspectos e conceptos traballados na aula, intentando fundamentalos máis en profundidade á vez que ía construíndo un proceso de aprendizaxe máis sólido e estable, á vez que máis fundamentado e comprensible. Isto vese reflectido en blogs como o seguinte, no que se fala dos diferentes modelos traballados na aula, os cales nos permitiron localizar os proxectos que debiamos desenvolver.

Fusión de modelos

Na clase expositiva do martes pasado, tratamos os dous enfoques da tecnoloxía educativa. Tratando de profundizar no tema, dispúxenme a buscar información, da que non obtiven ningunha idea clara sobre ambos modelos. A clase interactiva de hoxe axudoume a ubicarme e entender mellor os dous enfoques.

O modelo tecnocrático concibe a tecnoloxía como un medio para acadar un fin, un modelo no que unha acción (causa), produce un efecto. O modelo relacional, é máis amplo e, como cita o autor Nicolás Burbules (2001), toda ferramenta ten uns usos establecidos, pero que pódenselle aplicar outros alternativos que levan a outras solucións tamén alternativas.

Na clase, analizamos unha serie de textos de diversos autores, uns pertencentes ao modelo relacional e outros ao modelo tecnocrático. Vimos sen dificultade a que modelo pertencía cada un tendo en conta diferentes palabras. Mentres que para o modelo tecnocrático nos fixamos en palabras como técnicas, influencia, ou interconexión, para o modelo postecnocrático atopamos palabras como desenvolvemento, cambio ou tranformación.

Dende o meu punto de vista, un proxecto debe ter un pouco de ambas perspectivas, xa que a tecnoloxía debe ser un medio a través do que se poida lograr un fin determinado, pero á vez son necesarios determinados cambios para que  dita tecnoloxía poida realizar a actividade que se lle establece. Como puidemos ver nun dos vídeos que nos mostrou a profesora na clase, por moito que se inclúa a tecnoloxía, senón se produce un cambio na metodoloxía e na forma de ensinar-aprender, as innovacións non se poderán aproveitar todo aquilo que se desexaría.

Ahora, teremos que decidir como será o proxecto e como integrar os modelos nel!


Unha vez aclarados os conceptos e comezando a traballar no proxecto, fomos capaces de situalo dentro dun modelo concreto como foi o noso caso:

Modelo TPACK

Na última clase expositiva tratáronse diversos conceptos entre os que destacaron os modelos de integración das novas tecnoloxías. Este concepto é importante para nos, xa que os debemos ter en conta á hora de realizar o noso proxecto. Cada un destes modelos está composto por unha serie de elementos que buscan introducir as tecnoloxías nos diferentes ámbitos.

Rubén Puentedura é o autor do Modelo SARM que axuda aos profesores a deseñar, desenvolver e integrar as tecnoloxías na educación, baseándose no tipo de relación entre as actividades que se realizan coas mesmas. O Modelo TIM (Technology Integration Matriz), permite que os profesores vexan como, a través do uso das TIC se pode mellorar o aprendizaxe dos alumnos. Por último, atopamos o Modelo TPACK, sobre o que me gustaría profundizar un pouco máis.

O Modelo TPACK (Mishra, P & Koehler, M 2006: Technological Pedagogical Content Knowledge: A Framework for Teacher Knowledge. Michigan State University) foi desenvolto entre os anos 2006 e 2009. Este modelo conta con tres elementos principais: Contido (CK), Pedagóxico (PK) e Tecnolóxico (TK). Ademais deste elementos, débese ter en conta a intersección que forman, xa que non son conceptos aillados. Estas interseccións forman relacións entre os conceptos: Coñecemento Pedagóxico do Contido (PCK), Coñecemento Tecnolóxico do Contido (TCK), Coñecemento Tecnolóxico Pedagóxico (TPK) e Coñecemento Tecnolóxico Pedagóxico do Contido (TPCK).

Debemos comprender que significa cada un dos conceptos anteriormente mencionados:

-Coñecemento de contidos (CK): fai referencia a que o docente debe coñecer en profundidade o tema que quere ensinar. Aquí inclúense conceptos, teorías, principios...

-Coñecemento pedagóxico (PK): aquí o docente de coñecer os procesos de ensinanza-aprendizaxe.

-Coñecemento tecnolóxico (TK): refírese ao coñecemento do uso de ferramentas e recursos tecnolóxicos, así como o coñecemento da súa aplicación.

-Coñecemento Pedagóxico do Contido (PCK): unha vez que o docente realiza unha interpretación determinada do contido a tratar, prodúcese unha transformación da materia.

-Coñecemento Tecnolóxico do Contido (TCK): fai referencia á comprensión da influencia que as tecnoloxías e os contidos teñen entre sí.

-Coñecemento Tecnolóxico Pedagóxico (TPK): refírese a como o proceso de ensino-aprendizaxe pode cambiar cando se empregan unhas ferramentas tecnolóxicas ou outras.

-Coñecemento Tecnolóxico Pedagóxico do Contido (TPCK): fai referencia a unha forma de ensinar con tecnoloxía que vai máis alá da comprensión individual dos diferentes elementos (contido, pedagoxía e tecnoloxía).

Despois de analizar cada un dos diferentes compoñentes podemos chegar a unha serie de conclusións. A primeira delas e relacionando con clases anteriores, este modelo está conectado co modelo relacional, xa que o dominio dos contidos principais non asegura que a introdución das TIC sexa todo o satisfactorio que se espera. Polo tanto, tamén se precisa unha formación adecuada así como experiencia neste campo. Ademais, pode que no proceso sexa necesaria unha modificación dos contidos e das dinámicas que se desenvolven nunha aula concreta.

Este modelo resulta moi interesante na introdución das novas tecnoloxías no ámbito educativo xa que, ademais de ter en conta os tres elementos principais (contido, pedagoxía e tecnoloxía), presta atención ás relacións que se dan nas diferentes interaccións entre ditos conceptos, abarcando un amplo abano de posibilidades.

A elaboración do proxecto permitiunos poñer en práctica coñecementos aprendidos, centrándonos en buscar todas as melloras tecnolóxicas posibles (no noso caso).