1.5 Acadando o equilibrio

Cos días e insistindo, despois de caídas e de traballar duro, vas conseguindo que a bicicleta colla estabilidade e es capaz de manexala, aos poucos. Así, os novos conceptos que foron xurdindo foron collendo equilibrio e relacionándose cos demais. Xa chegando ao final, traballamos a imaxe e a súa relación coa pedagoxía, ao igual que o vídeo como un recurso educativo. Atopei unha clara relación entre a pedagoxía da imaxe e a filtración de información, xa que as imaxes teñen mensaxes subliminares que pasan desapercibidos en ocasións, pero que nos afectan. Da miña reflexión sobre isto, extraio a necesidade dunha educación que nos permita distinguir os efectos das imaxes e os vídeos en nós.

Imaxe e pedagoxía

Na última interactiva tratamos o tema da Pedagoxía da Imaxe. A verdade é que nunca tivera unha visión pedagóxica das imaxes, nin me parara a pensar en todos os elementos que unha delas pode ter implícitos, así como a cantidade de información que nos pode transmitir. Todos os días somos espectadores de miles de imaxes de todo tipo, que pretenden comunicar, publicitar ou anunciar algún tipo de información que nos pode interesar.

Hai momentos nos que, cunha simple imaxe, podemos decir moitas máis cousas que as que se poden comunicar con palabras. Cada día o texto vaise reducindo, pasando a modos máis rápidos e motivadores de comprensión onde a imaxe é o elemento esencial.

David Buckingham, afirma que a educación mediática “se ha caracterizado históricamente por una especie de actitud defensiva: ha estado motivada por el deseo de proteger a los niños de lo que se considera que son defectos morales, culturales o políticos de los medios” (Buckingham, 2002: 225). Polo tanto, quenes deben ser os encargados de dar unha alfabetización que permita unha compresión correcta da imaxe? As familias, a educación ou os medios que as transmiten?

Dende o meu punto de vista, os medios de comunicación buscan o máximo beneficio de todas as súas accións. Estes buscan que as persoas interpreten os seus produtos da forma en que a eles lles interesa. Polo tanto, creo que os elementos esenciais da educación mediática son as familias e a educación, traballando de forma cooperativa e colaborativa.

Os métodos de aprendizaxe van mudando aos poucos e, polo tanto, é necesario alfabetizar ás persoas na imaxe, para que aprendan a observar e entendan os indicadores para poder comprender de xeito adecuado a imaxe e as súas mensaxes. Deste xeito, as persoas seremos capaces de entender pequenos ou grandes detalles que teñen un gran significado aínda que nalgún momento pasasen desapercibidos.

Que opinades sobre isto?