1. Primeiros pasos

Ao igual que cando nos poñemos en pé por primeira vez, cando comezamos con esta materia non puiden evitar sentir certa inseguridade e desconcerto, xa que non sabía ao que me ía enfrontar. Ademais disto, vía a Tecnoloxía Educativa como un campo que non me resultaba atractivo, xa que a relacionaba co uso de ordenadores e dispositivos electrónicos. Pensaba que o que faríamos sería aprender a utilizar diversos programas informáticos que nos servisen para deseñar actividades e que se nos proporcionaría información que nun futuro non nos fose de utilidade. A isto sumábase o feito de ter que escribir entradas nun blog, algo que me asustaba, xa que non tiña moi claro como había que facelo nin de que temas falar.

Sen embargo, esta visión cambiou no momento en que vimos o vídeo do “Elefante encadenado”, xa que me decatei de que me estaba aferrando á idea de que esta materia non me ía a gustar, cando nin sequera lle dera unha oportunidade. A partir de aí, intentei ter unha visión máis aberta e optimista para que aproveitar os beneficios que dita materia podería ofrecerme. 

primerospasos.jpg

(https://pixabay.com/es/ni%C3%B1o-toddle-diversi%C3%B3n-hierba-753352/)